Laeosopis roboris é un insecto Lepidóptero da familia Lycaenidae, a única especie do xénero Laeosopis.

Histórico e denominación Laeosopis roboris foi descuberta e descrita por Esper en 1793.

Subespecies

Laeosopis roboris demissa Verity, 1943 ; en Italia. Laeosopis roboris escorialensis Oberthür 1910 Laeosopis roboris higginsi Agenjo, 1963 ; en España, cara a Granada. Laeosopis roboris lusitanica Staudinger, ; en Portugal. Laeosopis roboris magis Agenjo, 1963 ; no noroeste de España. Laeosopis roboris mudarra Agenjo, 1963 ; no nordeste de España. Laeosopis roboris portaensis Betti, 1977 ; no sur do Pireneo. Laeosopis roboris thiersi Betti, 1977 ; no sur de Francia

Descrición É unha bolboreta pequena que na súa parte superior é de cor gris escura con reflexos violetas e bordo de á escurecido, cuxas ás posteriores están festonadas.

O dorso é de cor ocre con liñas submarxinais discretas de cor laranxa, bordo rematado con fimbrias brancas.

Bioloxía Habita na follaxe dos fresnos, pola mañá cedo descende a alimentarse de plantas umbelíferas, v.g. Foeniculum vulgare.

Período de voo e hibernación Univoltina, voa nunha xeración, desde finais de maio até finais de xullo segundo a localidade e a altitude, de 100 a 1600 metros.

Pasa o inverno en forma de ovos sobre xemas de fresno.

Plantas hóspede As súas plantas hóspedes son fresnos, Fraxinus excelsior, Fraxinus angustifolia.

Ecoloxía e distribución A súa área de distribución limítase ao suroeste de Europa, Portugal, España, Francia.Biodiversidad VirtualEuropean butterflies

Hábitat É un lepidóptero dos bosques, sebes e pequenos bosques de fresnos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Guía de las mariposas de Europa y de África de Norte, Delachaux e Niestlé, Tom Tolman, Richard Lewington, ISBN 978-2-603-01649-7

Ligazóns externas Euro butterflies

Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1794