Aurora Sampedro Piñeiro, nada en San Pedro de Benquerencia (Barreiros) o 15 de xaneiro de 1913 e finada na mesma parroquia 23 de setembro de 1996, foi unha química galega.
Traxectoria Formación Flla dun comerciante maragato de Villalibre de Somoza, Francisco Sampedro Fuente (alcumado 'O Mornelo'), e da mariñá Antonia Piñeiro Moreda, foi unha estudante constante. Estudou as primeiras letras en Barreiros, na escola do Canteiro (S. Pedro de Benquerencia) da man da súa mestra, dona Juanita,Rivero Pérez (2023), p. 24 e fixo o Bacharelato por libre no Instituto Masculino de Lugo.
Trasladouse a Madrid no 1930, residindo na Residencia de Señoritas (institución que emulaba a Residencia de Estudiantes), os vindeiros 5 anos.Rivero Pérez (2023), p. 37 Mentres estaba en Madrid fixo o bacharelato universitario, no Instituto de Bacharelato Cervantes, durante os cursos 1930-1931 e 1931-1932 e, neste mesmo curso, aprobou catro materia do 1º curso da licenciatura de Ciencias Químicas na Universidade Central, ás que se presentou por libre. A seguir, nos 3 cursos seguintes continuou cos estudos e, pouco despois, solicitou o traslado de expediente para a Universidade de Oviedo, onde estivo matriculada no curso 1935-1936.Rivero Pérez (2023), p. 44
A guerra civil obrigouna a abandonar os estudos, que rematou con sobresaínte na Universidade de Oviedo no 1941. Doutorouse o 16 de febreiro no 1948 na Complutense coa tese Los oligoelementos en alimentos españoles de origen animal, tras levar a cabo as invvestigacións no Instituto Español de Fisioloxía e Bioquímica, “Antonio de Gregorio Rocasolano”, do Consello Superior de Investigacións Científicas, seguindo a liña que comezaba daquela, de interesarse polos oligoelementos na alimentación, que deu lugar máis adiante á existencia dunha diversidade de suplementos alimenticios, moi en voga dende o último terzo do século XX.
Desenvolvemento profesional miniatura|Nota necrolóxica no primeiro aniversario do seu pasamento. Adiantada ó seu tempo, abriu camiños na ciencia e no apoderamento da muller. No 1948, opositou a cátedras de Física e Química, e estivo ensinando unha tempada no occidente asturiano (Boal, A Veiga), e Madrid. No 1954, por oposición, estaba incorporada como doutora en ciencias químicas no laboratorio central de RENFE, chegando a subxefa de división. Nesta empresa pasaría o resto da súa vida laboral.
No ano 1961, foi bolseira da Fundación Juan March, facendo investigación na sección de Radioquímica da Universidade Complutense sobre análise espectroquímica. Froito dese período de investigación son catro publicacións sobre Análise espectroquímico de aliaxes chumbo-antimonio-estaño, Determinación de impurezas, Determinación de menores constituíntes e Control espectroquímico na fabricación de baterías eléctricas.
En 1977, foi nomeada académica correspondente de Ciencias Experimentais pola Real Academia de Doctores.
A súa morte tivo lugar nun accidente de coche en 1996 ó retorno da praia en Benquerencia.
Legado A finais de 2023, publicouse o libro Universo Aurora Sampedro Piñeiro, de Manuel Rivero Pérez, que deu pulo a unha historia persoal ata entón descoñecida. Dito libro coñeceu unha segunda edición ó ano seguinte.
Igualmente, o citado profesor promoveu o seu nomeamento como filla adoptiva de Luyego, filla predilecta do concello de Barreiros a título póstumo (a comezos de 2024, anunciouse que lle sería outorgado ese recoñecemento); tamén promoveu que se lle dedicase o Día da Ciencia 2024 en Galicia e aínda que isto último non se conseguiu, postulouse para anos sucesivos.
Bítere de Honra Na súa honra establecéronse en 2024 os premios 'Bítere de honra'.
Primeira edición, entregada o 27 de setembro de 2024: Marta Macho Stadler, IES Lucus Augusti e á desaparecida María Antonia González Abraído.
Segunda edición, entregada o 28 de decembro de 2025: Yolanda Martínez Bajo, Galicia Digital e ó desaparecido Xesús Mato Mato.
Obras
Análisis espectroquímico del plomo en los aceros de fácil mecanización. Colloquium Spectroscopicum Internationale. Madrid 26-30 de maio 1969.
Asistencia a Congresos Entre outros, en funcións no CSIC, acudiu a:
XV Congreso Internacional de Química Pura e Aplicada (Lisboa, 1956) VII Colloquium Spectroscopicum Internationale (Liexa, 1958) VII Bienal da Real Sociedad Española de Química (Santiago de Compostela, 1957) XVII Inter. Congress for Reine U. Angewandte Cheime (Múnic, 1959) IX Bienal da Sociedad Española de Física y Química (Granada, 1959) XVIII Congrés du Groupement pour l'Avancement des Methodes d'Analyse Spectrographique des Produits Metallurgiques (París, 1955) XXIII Congrés du Groupement pour l'Avancement des Methodes d'Analyse Spectrographique des Produits Metallurgiques (París, 1965) IV Reunión Nacional de Espectroscopía (Granada, 1974) Reunión Nacional de Espectroscopía (Palma, 1976)
Nomeamentos e distincións No 1977 foi nomeada correspondente de Ciencias Experimentais pola Real Académica de Doctores.
Foi nomeada alumna destacada polo IES Cervantes de Madrid (sucesor do I. B. Cervantes).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid
Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en accidente de tráfico Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 1996 Categoría:Nados en Barreiros Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo