A Aricia cramera é unha bolboreta da familia Lycaenidae. Habita no sur de Europa e África do norte, e pode ser observada dende Marrocos e Tunisia até España e Portugal, así como na illa mediterránea de Menorca e nas illas Canarias.http://www.mandrágora.com/fauna/Insectos/lepidopteros/Mariposas_diurnas/Lycaenidae/Aricia/index_aricia.html Aricia cramera, Mariposas de la Sierra de Ronda

A súa envergadura alcanza os 30 mm. A bolboreta voa desde maio a setembro dependendo da localización.

As larvas aliméntanse de Erodium, Helianthemum e de especies de Geranium.

Hábitat A Aricia cramera posúe unha gran plasticidade ecolóxica que lle permite reproducirse e alimentarse nos máis diversos hábitats. No entanto, prefire bancais expostos ao sol e con abundante floración.

Notas

Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1821