Satyrium acaciae é un insecto lepidóptero da familia Lycaenidae, subfamilia Theclinae e do xénero Satyrium.http://www.pyrgus.de/Satyrium_acaciae_en.html Satyrium acaciae http://guadarramistas.com/2014/07/01/satyrium-acaciae-mariposa-endrinera-oscura/ Satyrium acaciae

Denominación Satyrium acaciae foi descrita por Johan Christian Fabricius en 1787.

Satyrium acaciae é sinónimo de Papilio acaciae Fabricius, 1787 ; Fixenia acaciae ; Nordmannia acaciae.funet

Descrición É unha pequena bolboreta, marrón na súa parte superior, a femia loce tres lúnulas laranxas nas ás posteriores, posúe un penacho de pelos negros no ángulo anal.

O dorso é de cor ocre gris adornado dunha fina liña branca e de lúnulas premarxinais cor laranxa nas ás posteriores.

Período de voo e hibernación Univoltina, voa nunha xeración, en xuño e xullo.ISBN 978-2-603-01649-7

Pasa o inverno como un ovo, posto nas ramificacións dos Prunus.ISBN 978-2-603-01649-7

Plantas hóspedes As súas plantas hóspedes son Prunus spinosa, Prunus mahaleb así como Prunus divaricata en transcaucasia.funet

Ecoloxía e distribución Está presente en gran parte de Europa, pero nin ao sur (sur de España e de Italia) nin ao norte (Reino Unido, Escandinavia, Estados bálticos e Dinamarca). Está tamén presente en Asia Menor e no sur de Rusia.funet

En Francia está presente en todo o sur e leste do país. Ausente de Córsega, da Bretaña e de todo o nordés de Loira, e a Paso de Calais. En España distribúese polo norte, Montes Universales, Cuenca, Guadalaxara e Teruel.

Biotopo É un lepidóptero dos bosques, dos claros, de todos os terreos onde haxa prunus ou abruñeiros.

Amparo Carece de estado de protección, aínda que nalgúns estados de Europa é considerada unha especie escasa e en forte regresión.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Guía de las mariposas de Europa y de África de Norte, Delachaux e Niestlé, Tom Tolman, Richard Lewington, ISBN 978-2-603-01649-7 Ligazóns externas Butterfly guía Euro Butterflies Moths and Butterflies of Europa and North Africa

Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Animais descritos en 1787 Categoría:Bolboretas de Galicia