Isaac Vázquez Pardo, finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1976, foi un practicante e militante antifascista galego.
Traxectoria
Combatiu no exército franquista na guerra civil. Estudo Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando na convocatoria extraordinaria o 29 de xaneiro de 1942,El Pueblo Gallego, 1-2-1942, p. 5. e inscribiuse no SEN como mestre interino.La Voz de Galicia, 20-12-1942, p. 3. Foi mestre interino de Trasfontáns (Laxe) en 1944. Iniciou os estudos de Medicina e fíxose practicante. Militante do PCE, foi dirixente do partido en Compostela. Mantivo contactos con Carmen Sierra e Carlos Díaz Rodríguez. Foi detido en 1947. Como consecuencia da represión contraíu unha doenza. Finou en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1976.La Voz de Galicia, 16-11-1976, p. 51. Vida persoal Casou en 1943 con Teresa Castro Faya, filla de Jesús Castro Castro,El Correo Gallego, 16-11-1943, p. 2. que finou o 10 de decembro de 1982.La Voz de Galicia, 11-12-1982, p. 55.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1976