Os crimes da academia (en ) é un filme estadounidense de 2022 escrito e dirixido por Scott Cooper. É unha adaptación da novela homónima de 2006 de Louis Bayard. Está protagonizado por Christian Bale, Harry Melling, Gillian Anderson, Lucy Boynton, Charlotte Gainsbourg, Toby Jones, Harry Lawtey, Simon McBurney, Timothy Spall e Robert Duvall. A súa trama segue ao veterano detective Augustus Landor en 1830 en West Point, Nova York, mentres investiga unha serie de asasinatos na Academia Militar dos Estados Unidos coa axuda de Edgar Allan Poe, un mozo cadete militar.
Os crimes da academia estreouse nuns poucos cinemas dos Estados Unidos o 23 de decembro de 2022, antes de estrearse en liña o 6 de xaneiro de 2023 a través de Netflix, onde conta con versión subtitulada en galego. O filme recibiu valoracións dispares da crítica.
Personaxes
Christian Bale como Augustus Landor Harry Melling como Cadete Edgar Allan Poe Gillian Anderson como Mrs. Julia Marquis Lucy Boynton como Lea Marquis Charlotte Gainsbourg como Patsy Toby Jones como Dr. Daniel Marquis Harry Lawtey como Cadete Artemus Marquis Simon McBurney como Capitán Hitchcock Hadley Robinson como Mattie Timothy Spall como Superintendente Thayer Robert Duvall como Jean Pepe Joey Brooks como Cadete Stoddard Brennan Keel Cook como Cadete Huntoon Gideon Glick como Cadete Haratio Cochrane Fred Hechinger como Cadete Randolph Ballinger Matt Heim como Cadete Llewellyn Lee Jack Irving como Cadete Hamilton Steven Maier como Cadete Fry Charlie Tahan como Cadete Loughborough
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Scott Cooper Categoría:Filmes rodados en Pensilvania Categoría:Filmes de Cross Creek Pictures Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego