Rosalía de Palermo, máis coñecida como Santa Rosalía, foi unha nobre virxe de Palermo (Sicilia), do século XII. É venerada como santa pola Igrexa católica.

Historia Naceu como Rosalia Sinibaldi en 1130, en Palermo, Sicilia. Era de familia xermánica. Retirouse en oración a unha cova e viviu en soidade, pobreza e penitencia. Faleceu en 1170.

Os seus presuntos restos foron atopados en 1624 (séculos despois da súa morte) nunha cova por un cazador que dixo ser guiado pola propia santa a tal achado. Di a lenda que ao trasladarse os seus restos en procesión por toda a vila de Palermo se detivo a asolación de peste que azoutara o lugar durante anos. Por tal motivo, construíuse unha basílica na cova orixinal onde foron achados os restos e onde se mostraban aos peregrinos a través dunha reixa para a súa veneración.

Culto O culto a Santa Rosalía, promovido polos bieitos, difúndese polo mundo como protectora contra enfermidades infecciosas, a peste, e para recibir auxilio e protección en momentos difíciles. miniatura|page=9|Vida y Milagros de Santa Rosalia Virgen Nome O nome de Rosalía é de dubidosa orixe.

Festividade A súa festa celébrase en dúas datas: en Sicilia o 15 de xullo (translación dos seus restos) e no resto do mundo o 4 de setembro.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Vida de la gloriosa virgen Santa Rosalia, natural de la feliz ciudad de Palermo en el Reyno de Sicilia ...Escrita en toscano, por D. Pedro Forti ... y traduzida en Castellano, por el Dotor Don Alexandro Tramonte Outros artigos Rosalía (nome)

Categoría:Nados en Palermo Categoría:Santos do catolicismo