Arethusana arethusa é unha especie de lepidóptero pertencente á familia das Nymphalidae, subfamilia Satyrinae. É a única especie do xénero Arethusana, descrita por Denis & Schiffermüller 1775, Viena, Austria.
Descrición Arethusana arethusa é de cor ocre cunha ancha banda submarxinal amarela laranxa, e un visible ocelo negro no ápice das ás anteriores.
O dorso das anteriores é amarelo alaranxado bordeado máis ou menos amplamente de marrón, co visible ocelo negro discretamente pupilado ao ápice das ás anteriores mentres que o dorso das posteriores está marcado dunha banda clara e de nervaduras brancas ben visibles.
Eiruga A súa eiruga é de cor beixe con raias lonxitudinais cor marrón gastado.
Bioloxía
Período de voo e hibernación Univoltina, as Arethusana arethusa voa nunha xeración de mediados de xuño a comezos de setembro.Tolman & Lewington (2009)
Plantas hospedeiras As plantas hóspedes da súa eiruga son diversas, como as Festuca, as Dactylis, as Poa e Bromus erectus.
Ecoloxía e distribución Arethusana arethusa está presente en Marrocos, no suroeste de Europa (España, Portugal, Francia), nos Balcáns (Eslovaquia, Albania, Grecia), Turquía e Oriente Medio até Armenia, sur de Rusia e suroeste de Siberia.
En Marrocos, é A. arethusa aksouali, que é un endemismo das montañas do Toubkal.
A Arethusana arethusa está presente na maioría dos departamentos da Francia metropolitana exceptuado os departamentos da Bretaña, de Vosgos, de Alto Saona e Alsacia, de Creuse, de Puy-de-Dôme, de Allier e de Alto Loira, de Pas-de-Calais, de Gers e Córsega.
Biotopo A Arethusana arethusa gusta de zonas herbosas, arbustivas, marxes de bosque, e barrancos rochosos, voa até os 1 700 metros.
Sistemática A especie Arethusana arethusa foi descrita por Johann Nepomuk Cosmas, Michael Denis e Ignaz Schiffermüller en 1775, baixo o nome inicial de Papilio arethusa.[Schiffermüller], 1775 Ank. syst. Schmett. Wienergegend : 169, no. F. 16 Foi reclasificada en 1951 polo entomólogo francés Hubert de Lesse no xénero monotípoco Arethusana.
Sinónimia
Papilio arethusa [Schiffermüller], 1775 Basónimo Papilio erythia Hübner, 1805 Hipparchia arethusa [Otakar Kudrna] Arethusana dentata (Frayer, 1834) Satyrus boabdil Rambur, 1840 Satyrus dentata Staudinger, 1871
Subespecies
Arethusana arethusa aksouali Wyatt, 1952 en Marrocos. Arethusana arethusa heptapotamica (Stauder, 1924) Arethusana arethusa pontica (Heyne, .
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas euro butterflies butterfly guía Papillons de Poitou-Charentes Moths and Butterflies of Europa and North Africa
Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Lepidópteros de Asia Categoría:Bolboretas de Galicia