Elvira Espejo Ayca, nada en 1981, é unha artista, escritora e tecelá indíxena boliviana e directora do Museo Nacional de Etnografía e Folclore da Paz até 2020. En 2020 foi a gañadora da Medalla Goethe polo seu traballo por mellorar o intercambio cultural entre América do Sur e Europa.
Traxectoria Ayca naceu no departamento boliviano de Oruro en 1981. Filla dunha nai aimará e dun pai quechua, foi criada na comunidade de Qaqachaka, que se atopa na fronteira entre as áreas lingüísticas aimará e quechua, polo que aprendeu as dúas linguas cando era nena. Foi ao instituto en Challapata onde se sentiu atraída pola pintura. Realizou estudos superiores na cidade da Paz onde estudou na Academia Nacional de Belas Artes Hernando Siles.
Tamén ensinou as "linguas non escritas dos Andes" como parte dun proxecto. A súa primeira ambición foi pintar pero despois de escoitar un haiku xaponés comezou a escribir poesía. Elvira Espejo Ayca escribe poesía en aimará e quechua, que tamén traduce ao castelán.
En 2006, publicou awutuq parla e Phaqar kirki-t ́ikha takiy takiy – Canto a las Flores. Este último é un poemario que gañou o premio ao "mellor poeta internacional" no Festival Mundial de Poesía Venezolana do ano seguinte.
En 2013, converteuse en directora do Museo Nacional de Etnografía e Folclore da Paz. En xuño de 2020, foi despedida bruscamente polo goberno golpista de Jeanine Áñez, o cal provocou protestas en Bolivia e no estranxeiro.
En agosto de 2020, foi unha dos tres activistas culturais, xunto a Ian McEwan e Zukiswa Wanner, que recibiron a medalla Goethe. Ayca foi elixida polo intercambio cultural que fomenta entre Europa e América do Sur. A comisión alemá que concedeu a medalla considerouna unha "auténtica construtora de pontes" culturais.
Exposicións Principio Potosí (2011) en España, Alemaña e Bolivia. Pintisa II, Cochabamba
Publicacións Con Denise Y. Arnold e Freddy Maidana, Tejiendo la vida. La Colección Textil del Museo Nacional de Etnografía y Folklore, según la cadena productiva Con Denise Y. Arnold, A Comparison of War Iconography in the Archaeological Textiles of Paracas-Topará (in Southern Peru) and in the Weavings of Ayllu Qaqachaka (Bolivia) Con Denise Y. Arnold, On Drinking Cups and Constellations: Some Relations Between Aymara Astronomical and Textual Practices in Qaqachaka ayllu (Bolivia) Con Denise Y. Arnold, "The Andean Science of Weaving Structures and Techniques of Warp-faced Weaves Denise Y. Arnold, Elvira Espejo" (Thames & Huson)
Notas
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Escritores en lingua quechua Categoría:Escritores en lingua aimará Categoría:Escritores de Bolivia Categoría:Bolivianos de ascendencia aimará Categoría:Bolivianos de ascendencia quechua