Saija Tarkki (de solteira Sirviö), nada o 29 de decembro de 1982 en Oulu (Finlandia), é unha xogadora de hóckey sobre xeo retirada. Comezou a súa carreira xogando como defensa, mais posteriormente xogou como atacante.

Tarkki vestiu a camisola da selección finlandesa en catro edicións dos Xogos Olímpicos (Salt Lake City 2002, Turín 2006, Vancouver 2010 e Sochi 2014) e oito veces no Campionato do Mundo, nos que gañou a medalla de bronce nos anos 2004, 2008 e 2009. En Vancouver 2010 conseguiu a medalla de bronce.

No esu país, Tarkki defendeu as cores das Kärpät de Oulu, equipo no que xogou durante moitos anos e gañou varias medallas. En 2012 gañou o primeiro campionato finés, e nos anos 2017 e 2018 conseguiu dous campionatos máis.

En marzo de 2019 Tarkki anunciou que poría fin á súa carreira ao final da tempada.

Tarkki casou co porteiro de hóckey sobre xeo Tuomas Tarkki no verán de 2010. Tuomas Tarkki pasou a ocupar o posto de adestrador das Kärpät.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Oulu Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos de Finlandia Categoría:Xogadoras das Kärpät Naiset