miniatura|A concepción do artista dun mini-Neptuno ou "anano gasoso" Un Mini-Neptuno (ás veces chamado anano gasoso ou planeta de transición) é un planeta menos masivo que Neptuno mais asemellándose en que ten unha atmosfera grosa de hidróxeno e helio, probabelmente con capas profundas de xeo, rocha ou océanos líquidos (feitos de auga, amoníaco, unha mestura de ambos, ou volátiles máis densos).

Teñen un interior rochoso e unha grosa capa de hidróxeno, helio e outros compostos volátiles, cun radio total entre 1,7 e 3,9 radios terrestres (1,7–3,9 RT). A clasificación abrangue a exoplanetas de período curto, o que inclúe planetas rochosos semellantes á Terra con radio menor que 1,7 RT e planetas con raio maior que 3,9 RT, xigantes de xeo ou de gas.https://arxiv.org/ftp/arxiv/papers/1405/1405.7695.pdf

Propiedades Os estudos teóricos deste tipo de planetas baséanse no coñecemento sobre Urano e Neptuno. Sen unha atmosfera espesa, serían clasificados como un planeta oceánico.

De xeito aproximado, unha liña divisoria estimada entre un planeta rochoso e un planeta gasoso é de arredor de 1,6–2,0 radios terrestres. Os planetas con radios e masas máis grandes son na súa maioría de baixa densidade e requiren unha atmosfera estendida para explicar tanto as súas masas como os seus raios, e as observacións mostran que os planetas de máis de 1,6 de radio terrestre (e máis masivos que aproximadamente 6 masas terrestres) conteñen cantidades significativas de volátiles ou gas H–He, probablemente adquiridas durante a formación. Tales planetas parecen ter unha composición diversa que non está ben explicada por unha única relación masa-raio como a atopada para os planetas máis densos e rochosos.

O límite inferior de masa pode variar moito para diferentes planetas dependendo da súa composición; a masa divisoria pode variar desde un mínimo ata un máximo de 20 MT. Os planetas gasosos máis pequenos e os planetas máis próximos á súa estrela perden masa atmosférica máis rapidamente mediante a fuga hidrodinámica que os planetas máis grandes e os máis afastados.

Un planeta gasoso de pouca masa aínda pode ter un raio semellante ao dun xigante gasoso se ten unha temperatura adecuada. Os planetas parecidos a Neptuno son considerablemente máis raros, a pesar de ser só un pouco máis grandes. Este "precipicio de radio" separa os Mini-Neptunos (raio < 3 radios terrestres) dos Neptunos (raio > 3 radios terrestres). Pénsase que isto ocorre porque, durante a formación, cando se acumula gas, as atmosferas de planetas dese tamaño alcanzan as presións necesarias para forzar o hidróxeno ao océano de magma, evitando o crecemento do radio. Entón, unha vez que o océano de magma se sature, o crecemento do radio pode continuar. Porén, os planetas que teñen gas suficiente para alcanzar a saturación son moito máis raros, porque requiren moito máis gas.

Exemplos O planeta extrasolar máis pequeno coñecido que podería ser un anano gasoso é Kepler-138d, o cal é menos masivo que a Terra mais ten un 60% máis de volume, e por tanto ten unha densidade 2,1(+2,1-1,2 g/cm3) que indica ou un contido de auga substancial ou posibelmente unha atmosfera de grosa de gas. Con todo, evidencia máis recente suxire que pode ser máis denso que o anteriormente pensado, e podería ser un planeta de océano.

No 2023, CHEOPS descubriu catro novos Mini-Neptuno:

- Arredor de HD 15906, de período orbital 21 días e temperatura 257 °C

- Arredor de HD 22946. de período 46 días e temp. 247 °C

- Arredor de HIP 9618, de período 52 días e temp. 217 °C.

Asemade, descubriu un planeta máis semellante a Neptuno arredor de TOI 5678, cun período 46 días e temp. 273 °C

Notas

Categoría:Planetas extrasolares Categoría:Neptuno