miniatura|Bach cara 1720. A Paixón segundo San Xoán, BWV 245 (título orixinal en latín: Passio secundum Johannem; en alemán: Johannespassion) é unha paixón oratórica escrita para voces solistas, coro e orquestra por Johann Sebastian Bach.
Historia miniatura|Primeira páxina da partitura autógrafa.
Composición Foi escrita nas datas previas ao Venres Santo de 1724 e está baseada nos capítulos 18 e 19 do Evanxeo de Xoán. Os textos da apertura, das arias, dos recitativos e das corais tomáronse de diferentes fontes; entre outras, da Paixón segundo San Mateu, BWV 244 e da tradución que Martiño Lutero fixera da Biblia.
A Paixón segundo San Xoán é, quizais, menos familiar que a Paixón segundo San Mateu (esta, de maior duración, permitiu que o público redescubrira a J. S. Bach grazas á interpretación que Felix Mendelssohn fixo desta obra en 1829). Comparando ambas as obras, a Paixón segundo San Xoán foi descrita como "máis extravagante, cunha inmediatez expresiva ás veces desenfreada e menos rematada".
Primeira interpretación Orixinalmente, a Paixón segundo San Xoán ía ser interpretada por vez primeira na igrexa de Santo Tomé en Leipzig, mais, finalmente, a estrea tivo lugar na igrexa de San Nicolao en 1724. Foi cambiada en numerosas ocasións ata a versión definitiva de 1740. As partes que Bach eliminou agregáronse posteriormente como apéndices.
Versións A diferenza da Paixón segundo San Mateu, a obra sufriu diferentes modificacións, sendo a máis coñecida a de 1724.
En 1725, Bach mudou a apertura orixinal Herr, unser Herrscher, dessen Ruhm (Señor, señor! A túa gloria reina en todos os pobos!) por Ou Mensch bewein dein Sünde groß (Oh, home, chora o teu gran pecado), que posteriormente pasou a ser final de capítulo na Paixón segundo San Mateu.
Ademais, o final da primeira parte cambiouse polo Christe, Du Lamm Gottes (Agnus Dei) da cantata BWV 23, engadindo ademais tres arias.
En 1730, modificouse de novo a obra, suprimindo os cambios que se introduciran en 1725 e agregando dous recitativos do Evanxeo de Mateu.
En 1749, Bach cambiou algúns diálogos regresando á versión de 1740, quedando esta última versión como definitiva.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de cantatas de Johann Sebastian Bach Bibliografía
Ligazóns externas «Paixón segundo San Xoán» en Kareol, texto da obra en alemán e castelán. «Paixón segundo San Xoán»: emisión do 29-03-2013 de Música antigua, programa de Radio Clásica.ligazón=Archivo:Speaker_Icon.svg|20x20px «Paixón segundo San Xoán»: emisión do 19-04-2019 de Música y significado, programa de análise musical de Radio Clásica.ligazón=Archivo:Speaker_Icon.svg|20x20px
Categoría:Composicións musicais de 1724 Categoría:Composicións musicais de Johann Sebastian Bach