Denpa, tamén coñecido como REXS (acrónimo de Radiation Experiments Satellite) foi un satélite artificial do Xapón lanzado o 19 de agosto de 1972 mediante un foguete M-4S desde o Centro Espacial de Uchinoura.
Características Denpa foi un satélite pertencente á axencia ISAS coa misión de estudar a contorna electromagnética, as ondas de plasma, a densidade de electróns e outros fenómenos na magnetosfera inferior.
O satélite tiña unha masa de 75 kg, con forma de columna octogonal de 75 cm de diámetro e 75 cm de altura. Do corpo sobresaían tres antenas de 2 m de longo, cun magnetómetro situado no extremo dun mastro de 0,5 m sobresaindo dunha das bases. Denpa estabilizábase mediante xiro, a 3 rpm. A enerxía eléctrica do satélite viña de 5000 células solares cubrindo a superficie de Denpa.
Denpa deixou de transmitir uns poucos días despois de ser posto en órbita sen chegar a obter resultados científicos apreciables. A investigación concluíu que a causa do fallo foi un arco de alta voltaxe despois de acender os instrumentos. O satélite reentrou na atmosfera o 19 de maio de 1980.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Centro Espacial de Uchinoura
Categoría:Satélites artificiais