Adania Shibli (en ), nada en 1974, é unha autora e ensaísta palestina.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Ten un doutoramento pola Universidade de East London en Estudos Culturais e de Medios. O título da súa tese foi Visual Terror: A Study of the Visual Compositions of the 9/11 Attacks and Major Attacks in the 'War on Terror' by British and French Television Networks (Terror visual: un estudo das composicións visuais dos ataques do 11 de setembro e os principais ataques na 'guerra contra o terrorismo' por cadenas de televisión británicas e francesas).
É profesora na Universidade de Nottingham.
Polémica na Feira do Libro de Frankfurt 2023 A súa novela Tafṣīl Ṯānawī (Pequeno detalle) foi seleccionada para o LiBeraturpreis 2023 pola organización alemá LitProm. Baseada parcialmente en feitos históricos, a novela relata a violación e o asasinato dunha nena palestina en 1949 por parte de soldados israelís que foron condenados por un tribunal israelí. Orixinalmente, a cerimonia de entrega de premios na Feira do Libro de Frankfurt anunciouse para o 20 de outubro de 2023. Uns días antes da data anunciada, LitProm cancelou a cerimonia na Feira do Libro e aprazouna a unha data non especificada en resposta ás protestas dos xornalistas alemáns que dixeron que a novela expresaba actitudes antisemitas. Ademais, o conflito israelo-palestino de outubro de 2023, os ataques de Hamas do 7 de outubro, foi citado como outro motivo da cancelación e malia que os responsables da feira afirmaron que a decisión se tomara conxuntamente coa escritora, a axencia desta, negou ese acordo. En resposta a isto, a Emirates Publishers Association e a Arab Publishers Association retiráronse da feira.
A raíz da cancelación, máis de 1.000 autores e intelectuais, entre eles Colm Tóibín, Hisham Matar, Kamila Shamsie, William Dalrymple e os premios Nobel Abdulrazak Gurnah, Annie Ernaux e Olga Tokarczuk, criticaron a decisión da Feira do Libro de Frankfurt e manifestaron que a Feira tiña “a responsabilidade de crear espazos para que os escritores palestinos compartan os seus pensamentos, sentimentos e reflexións sobre a literatura nestes tempos terribles e crueis, non eliminalos”.
Homenaxes En xuño de 2024 coincidindo coa súa presenza na SELIC de Compostela, os seus versos e os da poeta Nolwenn Korbel foron inscritos no ‘Xardín das pedras que falan", unha espiral de pedras gravadas con versos inéditos e fragmentos literarios de autores e autoras de procedencias e linguas diversas.
Obras
2010, Touch (Masaas) (مساس). , Northampton, MA.:Clockroot Books. ISBN 9781566568074 2012, We are all equally far from love (Kulluna Ba’id bethat al Miqdar aan el-Hub) (كلنا بعيد بذات المقدار عن الحب). Northampton, MA.: Clockroot Books. ISBN 9781566568630 2013, Keep your eye on the wall: Palestinian landscapes. London: Saqi Books. ISBN 9780863567599 2020, Minor Detail (Tafṣīl Ṯānawī) (تفصيل ثانوي). Fitzcarraldo Editions / New Directions. ISBN 9780811229074
Notas
Categoría:Escritores de Palestina Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Palestina Categoría:Alumnos da Universidade de East London Categoría:Profesores da Universidade de Nottingham