LiLiPUT, inicialmente coñecida como Kleenex, foi unha banda suíza de punk rock formada en Zürich en 1978. O grupo experimentou numerosos cambios de formación ao longo da súa existencia, sendo a baixista Klaudia Schiff o único membro constante durante toda a historia da banda. A guitrrista Marlene Marder uniuse ao grupo pouco despois da súa formación, e estivo ata a súa separación en 1983. A derradeira formación de LiLiPUT estaba composta por Schiff, Marder, e a vocalista Astrid Spirit, e foi con esta encarnación coa cal gravou os seus únicos dous álbums de estudio, Liliput (1982) e Some Songs (1983).
Segundo AllMusic, LiLiPUT "fixo algunha da mellor, máis aventureira, máis estimulante e máis ridiculizada pola crítica música" da época do punk rock.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Liliput 1982 Rough Trade Records Some Songs 1983 Rough Trade Records
Notas
Categoría:Grupos musicais de Suíza Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais formados en 1978