Os xuetas, do catalán xueta/es [], conforman un grupo social da illa de Mallorca, descendentes de xudeus mallorquinos conversos ao cristianismo dos que se conservou, ao longo da historia, conciencia colectiva da súa orixe, por ser portadores dalgún dos apelidos, de liñaxe conversa, afectados polas condenas inquisitoriais por criptoxudaísmo no último cuarto do século XVII, ou por estar estreitamente emparentados con eles. Historicamente foron estigmatizados e segregados, polo cal, e ata a primeira metade do século XX, practicaron unha estrita endogamia. Hoxe en día, entre 18.000 e 20.000 persoas na illa son portadoras dalgún destes apelidos.Estimación feita a partir dos datos das Illas Baleares facilitadas polo Instituto Nacional de Estadística.

Etimoloxía e outras denominacións O termo documéntase por primeira vez nos procesos inquisitoriais iniciados en 1688, como expresión usada polos propios procesados....son de casta e xeración da rúa do Segell, que comunmente chaman xuyetas. Porqueres, L'endogàmia..., páx. 42, Braunstein, Els xuetes... páx. 13. A súa etimoloxía é discutida e inclúe diversas hipóteses. As máis aceptadas son:

Procedería do catalán juetó,Juetó documéntase en 1580 (P. de Muntaner, Martí: Una familia del brazo noble mallorquin durante el siglo XVII, páx. 636, nota 7, Homenaxe a Guillem Rosselló Bordoy, II, Palma 2002). Moore faina derivar dun suposto antigo mallorquinismo, xuhita, que non documenta (Moore, Los de la Calle... páx. 23). diminutivo de xudeu que tería derivado en xuetó -expresión aínda vixente-, e que evolucionaría a xueta. O principal argumento para defender esta proposta é que o seu uso primixenio era autodefinitorio e iso excluiría connotacións denigratorias. Para outros, trataríase dunha expresión despectiva que procedería da palabra xulla, touciño e por extensión carne de porco, (en mallorquino pronunciado xuia ou xua, [])Documéntase como insulto en 1595, xusto ao lado de juheu xudeu, pero entre outros non relacionados co tema (Porqueres, L'endogàmia..., páx. 27). No século XIX ao regreso da romaxe de Sant Bernat os mozos berraban Xuia, xuia marrana (Pérez, Anales..., pp. 97 e 111). e faría referencia aos hábitos alimenticios dos conversos en relación ao consumo do porco,Uns autores, os máis antigos, motívano pola súa negativa a comelo (Garau, La fe...; Pérez, Anales..., páx. 62, Font, La fe vençuda... páx. 118), mentres que outros refiren que se exhibían comendo carne de porco para acreditar a desafección á relixión xudía (Braunstein, Els xuetes... p. 13). ou ao costume, presente en diversas culturas, de usar nomes ofensivos relacionados co porco para designar aos xudeus e aos conversos.Braunstein cita como estrafalaria a hipótese de que derive do castelán chucho procedente do francés chouette que designa coloquialmente aos cans (Braunstein, Els xuetes... páx. 13). Unha terceira proposta relacionaría as dúas etimoloxías: a palabra xuia provocaría a substitución do j de juetó polo x dando xuetó e, á súa vez, iríase impoñendo xueta sobre xuetó pola maior similitude fonética con xuia.Diccionari Català-Valencià-Balear, Alcover-Moll entrada Xuetó.

Chamóuselles tamén del carrer del Segell (da rúa do Segell),Del carrer del Segell é a denominación grupal conservada máis antiga, documentada en 1617 (P. de Muntaner e Enric Porqueres Subendogamias en el Mediterráneo: Los ejemplos mallorquines de la aristocracia y de los descendientes de los judíos páx. 93 a Memorias de la Academia Mallorquina de Estudios Genealógicos, Palma 1994). pola rúa homónima da cal tomou nome o barrio onde vivían concentrados e tamén del carrer,Del carrer documéntase en 1658 (Porqueres, L'endogàmia..., páx. 79). ben por redución da expresión anterior, ben polo retorno do castelán de la calle propio da documentación oficial inquisitorial, a causa da proximidade fonética con del call , facendo referencia ao antigo barrio xudeu de Palma. Modernamente quíxose relacionar coa rúa da Argenteria que actualmente é a rúa xueta por excelencia,L’Argenteria, ou prataría, tomou protagonismo urbano coa reforma urbanística da rúa Colón a mediados do século XIX, que practicamente supuxo a desaparición física da rúa do Segell (Pérez, Anales... pp. 104-105). onde, ata hai pouco, concentrábase a maioría dos residentes en Palma e que toma o nome dun dos oficios máis característicos do grupo.Forteza, Els descendents... pp. 24-28.

Nalgúns documentos utilizáronse as expresións hebreo, xénero hebreorum ou de estirpe hebrea ou directamente jueus (xudeus),<ref>Que se prohíba insultar e maltratar aos devanditos individuos, nin os chamar con voces odiosas e de menosprezo, e moito menos, xudeus ou hebreos e xuetas... (Forteza, 'Els descendents... páx. 47).</ref> ou co castelanismo judio [],Diccionari Català-Valencià-Balear, Alcover-Moll entrada Jodio ou Judio. macabeusPerez, Anales..., páx. 75. ou, en relación ás súas profesións máis habituais, argenters (prateiros) e marxandos (tendeiros e bufariñeiros).Moore, Los de la Calle... páx. 31.

En todo caso, despois dos procesos inquisitoriais, pasou ser unha palabra ofensiva,Ocasionalmente dende o ámbito cultural castelán, as palabras xueta, e xudeu, foron usadas en sentido despectivo para referirse globalmente aos mallorquíns e baleares, ou ben a algunhas persoas individuais que non o eran, de xeito análogo á de fenicios. Antonio Maura ou Juan March, por exemplo, foron reiteradamente cualificados como tales (Moore, páx. 5, Los Judios y la Segunda República. 1931-1939; Isidro González García, Madrid: Alianza, 2004, páx. 63, El último Pirata del mediterráneo; Manuel Domínguez Benavides, Tipografía Cosmos, Barcelona, 1934. e os designados preferiron referirse a si mesmos cos nomes máis neutros de del Segell, del carrer ou, máis habitualmente con noltros (nós) ou es nostros‘‘ (os nosos) oposto a ets altres (os outros) ou es de fora del carrer (os de fóra da rúa).Forteza, Els descendents..., en extenso.

Apelidos Os apelidos considerados xuetas son: Aguiló, Bonnín, Cortès, Fortesa/Forteza, Fuster, Martí, Miró, Picó, Pinya/Piña, Pomar, Segura, Tarongí/Taronjí, Valentí, Valleriola e Valls,Esta é a lista canónica fixada por Miquel Forteza (Els descendents..., páx. 18) pero o tema é complexo, en listados anteriores ás veces non constan Valleriola (case extinguido) ou Valentí (orixinariamente o alcume dunha familia Fortesa); tampouco figura en ningunha lista Enrich (inicialmente alcume dunha familia Cortès); entre as listas dos últimos penitenciados pola Inquisición figuran Galiana, Moyà e Sureda actualmente non considerados xuetas; pola contra, Picó e Segura non aparecen entre os penitenciados no século XVII e si se consideran xuetas. Tamén hai que ter en conta que algúns Fuster (nobres), Martí (de Binissalem e Pollença), Miró (de Sóller), Pomar (de Manacor e Artà) non o son, como tampouco os Cortès e Segura inmigrados abundantemente a Mallorca durante o século XX.

Derivan dunha comunidade conversa moito máis ampla, dado que os rexistros das conversións, a cabalo entre os séculos XIV e XV,Quadrado. La judería..., en extenso. así como os da Inquisición, de finais do século XV e principios do XVI,Anónimo, Reconciliados e Relaxados..., en extenso. documentan máis de 330 apelidos entre os conversos e os condenados por xudaizar en Mallorca. Un detalle que chamou a atención de diversos estudosos que trataron o tema, é que algúns mallorquinos levan apelidos de procedencia claramente xudía, que non son considerados descendentes de hebreos, nin xuetasForteza, Els descendents... páx. 14. (por exemplo: Abraham, Amar, Bofill, Bonet, Daviu, Duran, Homar, Jordà, Maimó, Salom, Vidal e outros).

A procedencia conversa non é condición abonda para ser xueta; cómpre que esta orixe quedase fixada na memoria colectiva dos mallorquinos mediante a identificación das familias e liñaxes así consideradas. Polo tanto, aínda que os xuetas son descendentes de conversos, só unha parte dos descendentes de conversos son xuetas.Neste sentido documéntanse descendentes secretos de conversos mallorquins (de transmisión exclusivamente familiar) fachendosos da súa orixe pero hostís cara aos xuetas, Moore, Los de la Calle... pp. 187 e 192.

Xenética Diversos estudos realizados, principalmente, polo Departamento de Xenética Humana da Universitat des Illes Balears acreditaron que conforman un bloque xeneticamente homoxéneo afín coas poboacións hebreas orientais, pero tamén relacionados cos asquenacís e os xudeus norteafricanos, tanto na análise do cromosoma Y, de ascendencia patrilineal, como no do ADN mitocondrial, de ascendencia matrilineal.

Así mesmo poden presentar algunhas patoloxías de orixe xenética, como é a Febre mediterránea familiar, compartida cos xudeus sefardís e unha alta frecuencia de hemocromatose, particular desta comunidade.

Historia

Antecedentes

Conversos (1391-1488) miniatura|esquerda|San Vicente Ferrer, activo predicador para a conversión dos xudeus. Ata finais do século XIV a igrexa mallorquina destinou importantes esforzos á conversión dos xudeus, pero os seus éxitos tiveron un carácter anecdótico e sen consecuencias sobre a estrutura social. Esta situación veríase trastornada a partir de 1391, co asalto aos calls (xudarías), as predicacións de San Vicente Ferrer en 1413 e a conversión dos restos da comunidade xudía de Mallorca, en 1435. Estes acontecementos crearon situacións de risco e perigo colectivo polas cales se produciron as conversións en masa que deron lugar ao fenómeno social dos conversos.Cortès, Historia..., tomo I, en extenso; Font, La fe vençuda... pp. 25-39.

Debido a que as conversións foron baixo coacción, unha boa parte dos neófitos continuou coas súas prácticas comunitarias e relixiosas tradicionais. Constituíuse a Confraría Da nosa Señora de Graza ou de Sant Miquel dels Conversos como instrumento que substituía, en boa parte, á antiga alfama, resolvendo as necesidades do grupo en diversos ámbitos: asistencia ás necesidades, xustiza interna, vencellos matrimoniais e, naturalmente, cohesión relixiosa. Estes conversos, ata o derradeiro cuarto do século XV puideron desenvolver as súas actividades, en parte clandestinas, sen sufrir unha excesiva presión externa, nin institucional nin social, como o acreditan a pouca actividade da Inquisición papal e a escasa normativa gremial de segregación en razón da orixe xudía.En cambio dende moi pronto houbo normas restritivas contra escravos, aínda que fosen cristiáns como os gregos, os seus descendentes e os musulmáns, Riera, Lluites..., pag. 37. Isto, probablemente, permitiulles manter o groso do grupo de conversos relativamente intacto.L'origen dels conversos mallorquins, pp. 43-46 en Colom La Inquisició....

Inicio da Inquisición española (1488-1544) miniatura|Escudo da Inquisición usado en Mallorca. En 1488, cando aínda vivían algúns dos últimos conversos de 1435, chegaron a Mallorca os primeiros inquisidores do novo tribunal instituído polos Reis Católicos, que estaban en proceso de crear un estado-nación sobre a base da uniformación relixiosa.Moore, Los de la Calle... pp. 112-116. Como en toda a Coroa de Aragón, a súa implantación foi acompañada de queixas e mostras de rexeitamento xeral, que de pouco serviron. O seu obxectivo central foi a represión do criptoxudaísmo, comezando por aplicar os Editos de graza, procedemento de autoinculpación por herexía que permitía evitar condenas severas.