San Mamede de Vilachá de Salvadur é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Segundo o INE, en 2025 tiña 53 habitantes (24 homes e 29 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 64 habitantes. En 1991 tiña 139 habitantes.
Etimoloxía O topónimo procede do latín VILLAM PLANAM, "vila situada nun lugar chan". O apelido “de Salvadur” fai referencia a advocación da parroquia, San Salvador .
Xeografía Atópase no sur do concello da Pobra do Brollón e limita polo sur co Canón do Sil. Nas terras que rodean o paso do río Sil fórmase a Ribeira de Val de Frades, punto coa altitude máis baixa de todo o concello. O regato de Trasmonte é o único curso fluvial que desemboca no Sil dentro dos límites do concello.
Linda coas parroquias de Liñares polo norte, Quintá de Lor e Augas Mestas polo leste, Torbeo polo sur, e Rozavales e Vilamarín polo oeste.
Patrimonio Igrexa de San Mamede, que foi construída no s. XVIII. A fachada ten unhas escaleiras exteriores para acceder ó campanario. A sancristía acaroada ó presbiterio. Ten retablos e esculturas no interior. Miradoiro da Capela, no Canón do Sil. Adegas milenarias, que son das máis antigas da Península Ibérica. Nelas celébrase, o primeiro domingo de maio de cada ano, a Cata do Viño de Vilachá.
Festividades Cata do Viño, a primeira fin de semana de maio. Festas de San Mamede: os días 7, 8 e 9 de agosto.
Lugares e parroquias Lugares de Vilachá de Salvadur
Parroquias da Pobra do Brollón
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra do Brollón
Categoría:Parroquias da Pobra do Brollón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede