San Pedro de Lamaigrexa é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2008 tiña 120 habitantes (57 homes e 63 mulleres) repartidos en 7 entidades de poboación, cunha densidade de 10,7 hab./km². En 1991 tiña 193 habitantes.
Limita ó norte coa parroquia de Saa, ó sur con Castroncelos e Salcedo, ó leste con Parada dos Montes e Salcedo, e ó oeste coa Pobra do Brollón.
Historia Quedan restos do antigo castro de Lamaigrexa. Un documento do s. XIII fai referencia á existencia desta freguesía.
Patrimonio artístico O templo parroquial é do s.XVIII, ten unha nave de planta rectangular, muros de cachotaría e tellado de lousa. Sancristía acaroada ao presbiterio. Torre de tres corpos. No interior atopamos retablos neoclásicos con esculturas.
Festividades Festas de Santo Antón en xuño.
Lugares e parroquias Lugares de Lamaigrexa
Parroquias da Pobra do Brollón
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra do Brollón
Categoría:Parroquias da Pobra do Brollón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro