Polidamante (en grego antigo Πολυδάμας, latín: Polydamas)), fillo de Nicias, foi un atleta grego nado en Escotusa (Tesalia) no século -V. Traxectoria Gañou o pancracio nos Xogos Olímpicos do -408. Era de grande estatura e tiña unha forza excepcional. A lenda di que sen armas matou un león no monte Olimpo, ou que detivo un carro cando ía lanzado a toda velocidade. O rei Darío II de Persia convidouno á súa corte onde tamén realizou outros feitos extraordinarios1.Polydamas en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 460 . Notas
categoría:nados en Grecia categoría:nados no século -V categoría:finados no século -IV Categoría:Vencedores nos Xogos Olímpicos da Antigüidade