Ulrich Engel, nado en Stuttgart o 20 de novembro 1928 e finado en Heppenheim o 22 de maio 2020, foi un lingüista alemán, profesor de Xermanística na Universidade de Bonn.
Traxectoria A súa carreira empezou en 1995 como profesor de secundaria. Ese mesmo ano doutorouse na Universidade de Tubinga cunha tese sobre o dialecto e a lingua coloquial en Württemberg (Mundart und Umgangssprache in Württemberg).Wilfried Kürschner: Linguisten-Handbuch. Band 1, Gunter Narr Verlag, Tübingen 1997, ISBN 3-8233-5001-3, Seite 203..
Durante doce anos foi membro do consello de dirección do Leibniz Institut für Deutsche Sprache (IDS, Mannheim) xunto a Paul Grebe. De 1970 a 1977 foi director do Instituto Leibniz da Lingua Alemá.
Ulrich Engel desenvolveu un traballo pioneiro no campo da gramática de dependencias e de valencias, así como no da lexicografía valencial monolingüe e bilingüe. A súa teoría describe a atracción entre as palabras en función de parámetros xerárquicos. Foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universitatea din Bucuresti, a Uniwersytet Wroclawski e a Uniwersytet Rzeszowski, entre outras. Recibiu numerosos premios e foron publicados numerosos estudos na súa honra.
Obras A listaxe de publicacións de Ulrich Engel inclúe obras de renome mundial como Deutsche Grammatik (11988, 31996; Heidelberg) -coñecida entre os colegas como "a biblia vermella"-, Kurze deutsche Grammatik (2002; Múnich) e Deutsche Grammatik - Neubearbeitung (2004)-, Syntax der deutschen Gegenwartssprache (1994; 2009 Berlín) -coñecido no círculo da valencia como "o anxo azul"-. Entre as gramáticas contrastivas que dirixiu ou nas que colaborou como autor atopanse a Kontrastive Grammatik Deutsch-Serbokoratische (1986), Kontrastive Grammatik Deutsch-Rumänisch (1993), Kommunikative Grammatik. Deutsch als Fremdsprache (1993), Kontrastive Grammatik Deutsch-Polnisch (1999), Kommunikative Grammatik Deutsch-Polnisch (4 volumes).
A elaboración de dicionarios de valencias é tamén un tema central na investigación de Ulrich Engel: é autor do Valenzlexikon deutsch-rumänisch (1983), Valenzlexikon deutsch-bosnisch/serbisch/kroatisch (2005), Dictionar de verbe germane (2012), Wörterbuch zur Verbvalenz: Deutsch-Bosnisch/Kroatisch/Serbisch (2009), Valenzlexikon Deutsch-Spanisch (online). Todas estas obras caracterízanse pola precisión de Engel á hora de describir fenómenos lingüísticos, a miúdo moi complicados, e de analizar a linguaxe de forma meticulosa e coidadosa. Con todo, a súa traxectoria académica non se esgota nisto. Ademais, escribiu innumerables ensaios, xestionou proxectos de investigación en diferentes países e para diferentes linguas, dirixiu numerosas teses de doutoramento, entre outros.
Vida persoal Estaba casado e tiña dous fillos.
Obra
1969: Neue Beiträge zur deutschen Grammatik 1972: Gegenwartssprache und Gesellschaft 1976: Kleines Valenzlexikon deutscher Verben 1978: Grammatik und Deutschunterricht 1983: Verbalphrase und Verbvalenz 1988: Deutsche Grammatik. 2., verbesserte Auflage. Julius Groos Verlag Heidelberg. 1993: Kommunikative Grammatik Deutsch als Fremdsprache 2002: Kurze Grammatik der deutschen Sprache 2006: Gaudium in scientia linguarum 2017: Neue Wege zur Verbvalenz. Tomo I: Theoretische und methodologische Grundlagen, con Domínguez Vázquez, María José , Paredes Suárez, Gemma. Frankfurt: Peter Lang. 2017: Neue Wege zur Verbvalenz. Tomo II: Deutsch-spanisches Valenzlexikon, con Domínguez Vázquez, María José, Paredes Suárez, Gemma. Frankfurt: Peter Lang.
Estudos de homenaxe Pavica Mrazovic, Wolfgang Teubert (eds): Valenzen im Kontrast. Ulrich Engel zum 60. Geburtstag. Groos, Heidelberg 1988. ISBN 978-3-87276-612-0. Ludwig M. Eichinger, Jacqueline Kubczak, Franz Josef Berens (eds): Dependenz, Valenz und mehr. Beiträge zum 80. Geburtstag von Ulrich Engel. Groos, Tübingen 2011. ISBN 978-3-87276-890-2. Katny, Andrezj (ed): Valenz und Dependenz: Theorie und Praxis. Festschrift für Ulrich Engel zum 90. Geburtstag, Studia Germanica Gedanensia 39/2018.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Discurso de Investidura Doutor Honoris Causa Ulrich Engel (08/05/2002)
Categoría:Nados en Stuttgart Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Alumnos da Universidade de Tubinga Categoría:Filólogos de Alemaña