A abelleira escura, Ophrys sphegodes,Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións é unha especie do xénero Ophrys. Son orquídeas monopodiais e terrestres. É unha especie moi variable que pode presentar pequenas alteracións ou subespecies. miniatura|Detalle flor
Descrición Durante o verán estas orquídeas están dormentes como un bulbo subterráneo tubérculo, que serve como unha reserva de comida. Ao final do verán-outono desenvolve unha roseta de follas. Tamén un novo tubérculo empeza a desenvolverse e madura até a seguinte primavera, o vello tubérculo morre lentamente. Na próxima primavera o talo floral empeza a desenvolverse, e durante a floración as follas xa comezan a murcharse.
A maioría das especies dependen dun fungo simbionte, debido a isto desenvolven só un par de pequenas follas alternas. Non poden ser transplantadas debido a esta simbiose. As pequenas follas basais forman unha roseta pegada a nivel do chan. Son oblongo lanceoladas redondeadas sen identacións e teñen unha cor verde azulada. Desenvólvense no outono e poden sobrevivir as xeadas do inverno.
É unha orquídea terrestre que ten tubérculo subterráneo, globular, e pequeno do cal sae o talo floral erecto sinxelo e sen ramificacións duns 30 cm . As flores posúen un labelo de gran tamaño. O labelo é trilobulado marrón escuro, con lóbulo central aveludado, triangular, alargado e bombeado. O labelo de cor parda aveludada duns 13 a 18 mm de lonxitude ten tres lóbulos cos dous laterais triangulares que están voltados lixeiramente cara a adiante cuns pelos finos e sedosos imitando élitros de insecto. O lóbulo intermedio é glabro e máis grande que os laterais no que o espéculo é de cor aceiro ou algo purpúreo, con forma de H ou de letra "pi" grega. Esta variedade ten dous sépalos laterais iguais en tamaño, o terceiro vólvese un pouco cara a adiante. O tres sépalos duns 7 mm de lonxitude e unha cor uniforme verde avermellada ou verde. Os pétalos máis internos son bastante máis pequenos que os sépalos, estreitos e afiados (imitan as antenas dun insecto), pero da mesma cor verde que os sépalos, e fan un gran contraste cos tons escuros do labelo. De dúas a dez flores desenvólvense no talo floral con follas basais. As flores son únicas, non só pola súa infrecuente beleza, gradación de cor e formas excepcionais, senón tamén pola inxenuidade coa que atraen aos insectos. O seu labelo imita neste caso ao abdome dunha araña. Esta especie é moi variable nos seus debuxos e gradación de cor. Florecen de mediados de marzo a abril.
Esta suxestión visual serve como reclamo íntimo. Esta polinización mímica está acrecentada ao producir ademais a fragrancia da femia do insecto en celo. Estas feromonas fan que o insecto se achegue a investigar. Isto ocorre soamente no período determinado no que os machos están en celo e as femias aínda non copularon. O insecto está tan excitado que empeza a copular coa flor. Isto denomínase "pseudocopulación", a firmeza, a suavidade, e os pelos aveludados do labelo, son os maiores incentivos, para que o insecto se introduza na flor. Os polinia adhírense á cabeza ou ao abdome do insecto. Cando volve visitar outra flor os polinia golpean o estigma. Os filamentos dos polinia durante o transporte cambian de posición de tal maneira que os céreos grans de pole poidan golpear ao estigma, tal é o grao de refinamento da reprodución. Se os filamentos non toman a nova posición os polinia poderían non fecundar a nova orquídea.
Cada orquídea ten o seu propio insecto polinizador e depende completamente desta especie polinizadora para a súa supervivencia. Aínda máis, os machos engaiolados é probable que non volvan ou mesmo que ignoren plantas da mesma especie. Por todo isto soamente cerca do 10 % da poboación de Ophrys chega a ser polinizada. Isto é suficiente para preservar a poboación de Ophrys, dado que cada flor fertilizada produce 12.000 diminutas sementes.
Hábitat Esta especie de hábitos terrestres monopodiais distribúese polo Mediterráneo (España, sur de Francia, e Córsega), en xeral en toda Europa. En prados, garrigas, arbustos e bosques. Alcanzan unha altura de 25 a 30 cm.
Etimoloxía O seu nome Ophrys deriva da palabra grega: "ophrys" = "cella" referíndose á alta consideración que se ten cara a este xénero. Do grego sphegodes = "Semellante a unha avespa" referíndose ó seu labelo. Ophrys menciónase por vez primeira no libro Historia Natural de Plinio o Vello (23-79 AD).
Sinonimia
Por orde alfabética:
Arachnites aranifera (Huds.) Bubani 1901 Myodium araniferum (Huds.) Salisb. 1812 Ophrys araneola Rchb. 1831 Ophrys aranifera f. latipetala Chaub. ex St.-Amans 1821 Ophrys aranifera f. oodicheila Renz 1928 Ophrys aranifera f. peralba G.Keller 1912 Ophrys aranifera f. pseudomuscifera Ruppert 1917 Ophrys aranifera f. purpurea A.Camus 1929 Ophrys aranifera f. semilunaris W.Zimm. 1917 Ophrys aranifera Huds. 1778 Ophrys aranifera ssp. litigiosa (E.G.Camus) P. Fourn. Ophrys aranifera ssp. araneola (Rchb.) K.Richt. 1890 Ophrys aranifera subvar. bavarica Soó 1927 Ophrys aranifera var. aurantiaca Beauverd 1929 Ophrys aranifera var. euchlora J.Murray 1905 Ophrys aranifera var. flavescens M.Schulze 1894 Ophrys aranifera var. quadriloba Rchb.f. 1851 Ophrys aranifera var. rotulata Beck 1890 Ophrys aranifera var. subfucifera Rchb.f. 1851 Ophrys argensonensis J.-C.Guérin & A.Merlet 1998 Ophrys argentaria Devillers-Tersch. & Devillers 1991 Ophrys classica Devillers-Tersch. & Devillers 2000 Ophrys cretensis (H.Baumann & Künkele) Paulus 1988 Ophrys crucigera Jacq. 1784 Ophrys delmeziana P.Delforge 1989 Ophrys exaltata ssp. mateolana (Medagli & al.) Paulus & Gack 1999 Ophrys fuchsii W.Zimm. 1917 Ophrys fucifera Sm. 1830 Ophrys fuciflora Curtis 1778 Ophrys galeopsidea Lag. ex Colmeiro 1889 Ophrys garganica O.Danesch & E.Danesch 1975 Ophrys garganica ssp. passionis (Sennen ex Devillers-Tersch. & Devillers) Paulus & Gack 1999 Ophrys garganica ssp. sipontensis (R.Lorenz & Gembardt) Del Prete 1984 Ophrys gortynia (H.Baumann & Künkele) Paulus 1988 Ophrys hebes (Kalopissis) E.Willing & B.Willing 1980 Ophrys illyrica S.Hertel & K.Hertel 2002 Ophrys incubacea ssp. garganica (O.Danesch & E.Danesch) Galesi 2004 Ophrys insectifera var. arachnites L. 1753 Ophrys insectifera var. pallescens Moggr. 1869 Ophrys insectifera var. rubescens Moggr. 1869 Ophrys litigiosa E.G.Camus 1900 Ophrys majellensis (Helga Daiss & Herm.Daiss) P.Delforge 1998 Ophrys massiliensis Viglione & Véla 1999 Ophrys mateolana Medagli & al. 1991 Ophrys melitensis (Salk.) Devillers-Tersch. & Devillers 1994 Ophrys montenegrina (H.Baumann & Künkele) Devillers-Tersch. & Devillers 1991 Ophrys negadensis G.Thiele & W.Thiele 2001 Ophrys passionis Sennen ex Devillers-Tersch. & Devillers 1994 Ophrys passionis ssp. majellensis (Helga Daiss & Herm.Daiss) Romolini & Soca 2000 Ophrys provincialis (H.Baumann & Künkele) Paulus 1988 Ophrys quadriloba (Rchb.f.) E.G.Camus 1908 Ophrys riojana C.E.Hermos., J. Eur. Orch. 31: 881 (1999). Ophrys ruppertii A.Fuchs 1917 Ophrys sipontensis R.Lorenz & Gembardt 1987 Ophrys sphegodes f. latipetala (Chaub. ex St.-Amans) Soó 1971 Ophrys sphegodes f. pseudomuscifera (Ruppert) Soó 1971 Ophrys sphegodes f. subfucifera (Rchb.f.) Soó 1971 Ophrys sphegodes lus. aurantiaca (Beauverd) Soó 1971 Ophrys sphegodes lus. bavarica (Soó) Soó 1971 Ophrys sphegodes lus. euchlora (J.Murray) Soó 1971 Ophrys sphegodes lus. flavescens (M.Schulze) Soó 1971 Ophrys sphegodes lus. pallescens (Moggr.) Soó 1971 Ophrys sphegodes lus. peralba (G.Keller) Soó 1971 Ophrys sphegodes lus. purpurea (A.Camus) Soó 1971 Ophrys sphegodes lus. rotulata (Beck) Soó 1971 Ophrys sphegodes lus. rubescens (Moggr.) Soó 1971 Ophrys sphegodes lus. semilunaris (W.Zimm.) Soó 1971 Ophrys sphegodes ssp. araneola (Rchb.) M. Laínz 1983 Ophrys sphegodes ssp. cretensis H.Baumann & Künkele 1986 Ophrys sphegodes ssp. garganica E.Nelson 1962 Ophrys sphegodes ssp. gortynia H.Baumann & Künkele 1986 Ophrys sphegodes ssp. hebes Kalopissis 1975 Ophrys sphegodes ssp. litigiosa (E.G.Camus) Bech. 1925 Ophrys sphegodes ssp. majellensis Helga Daiss & Herm.Daiss 1997 Ophrys sphegodes ssp. melitensis Salk. 1992 Ophrys sphegodes ssp. montenegrina H.Baumann & Künkele 1988 Ophrys sphegodes ssp. oodicheila (Renz) Riech. 2004 Ophrys sphegodes ssp. passionis (Sennen ex Devillers-Tersch. & Devillers) Sanz & Nuet 1995 Ophrys sphegodes ssp. provincialis H.Baumann & Künkele 1988 Ophrys sphegodes ssp. tommasinii (Vis.) Soó 1971 Ophrys sphegodes var. argentaria (Devillers-Tersch. & Devillers) Faurh. 2002 Ophrys sphegodes var. garganicoides Balayer 1986 Ophrys sphegodes var. gigantea A.Fuchs 1917 Ophrys sphegodes var. subaesculapiana Balayer 1986 Ophrys sphegodes var. subspruneriana Balayer 1986 Ophrys sphegodes var. subtommasiniana Balayer 1986 Ophrys tarquinia P.Delforge 2000 Ophrys tommasinii ssp. araneola (Rchb.) Soó 1980 Ophrys tommasinii ssp. litigiosa (E.G.Camus) Soó 1973 Ophrys tommasinii Vis. 1851 Ophrys vindelica W.Zimm. ex A.Fuchs 1928
Subespecies de Ophrys sphegodes
Ophrys sphegodes ssp. sphegodes Mill. 1768 Ophrys sphegodes nothossp. jeanpertii (E.G.Camus) Del Prete & Conte 1980 Ophrys sphegodes ssp. aesculapii (Renz) Soó ex J.J.Wood 1980 Ophrys sphegodes ssp. aveyronensis J.J.Wood 1983 Ophrys sphegodes ssp. helenae (Renz) Soó & D.M.Moore 1978 Ophrys sphegodes ssp. panormitana (Tod.) Kreutz 2004 Ophrys sphegodes ssp. praecox Corrías 1983
Híbridos naturais de Ophrys sphegodes
Ophrys × baumanniana (O. cretica × O. sphegodes) (Creta) Ophrys × benoitiana (O. incubacea × O. sphegodes ssp. lunulata) (Sicilia) Ophrys × bilineata (O. bertolonii × O. sphegodes) (Europa) Ophrys × boscoquartensis (O. biscutella × O. sphegodes) (Italia) Ophrys × burneriana (O. sphegodes ssp. cretensis × O. spruneri) (Creta) Ophrys × epidavrensis (O. argolica × O. sphegodes ssp. aesculapii) (Grecia) Ophrys × extorris (O. holosericea × O. insectifera × O. sphegodes) (Austria) Ophrys × flahaultii (O. apifera var. ? apifera × O. sphegodes) (Francia) Ophrys × hoeppneri (O. bombyliflora × O. sphegodes) (Italia) Ophrys × hybrida (O. insectifera × O. sphegodes) (Francia) Ophrys × jarigei (O. fusca ssp. minima × O. sphegodes)) (Francia) Ophrys × jeanpertii (O. araneola × O. sphegodes) (Francia) Ophrys × macchiatii (O. sphegodes × O. vernixia ssp. ciliata) (Sardeña) Ophrys × philippei (O. scolopax × O. sphegodes) (S. Europa) Ophrys × rauschertii (O. apifera × O. insectifera × O. sphegodes) (Europa) Ophrys × vogatsica (O. reinholdii × O. sphegodes) (Grecia)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991. Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling
Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Ophrys Categoría:Orquídeas de Galicia