Han Song (chinés simplificado: 韩松; pinyin: Hán Sōng), nado en Chongqing en 1965, é un escritor chinés de ciencia ficción e redactor xefe da axencia estatal de noticias Xinhua.
Traxectoria Han Song ten formación en filoloxía inglesa pola Southwest Normal University da súa cidade, en Chongqing, e un mestrado en xornalismo pola Universidade de Wuhan.
É un autor en chinés coa maior parte do seu traballo aínda non traducido a outras linguas.
Obra
Han Song ten un estilo distintivo onde recurre moito a frases descritivas longas xustapostas. Foi descrito polo China Daily como un nacionalista chinés que utiliza a ficción para arremeter e burlarse da hipocrisía occidental https://web.archive.org/web/20110322061249/http://europe.chinadaily.com.cn/epaper/2011-03/18/content_12192254.htm, na súa obra 2066: Red Star Over America describe o colapso dos EEUU nun mundo dominado pola China. Mais o autor Ken Liu ve nos escritos de Song unha continuación da liña crítica, agresiva de Lu Xun cara a historia e cultura chinesas. Onde as súas obras falarían da vertixinosa velocidade do desenvolvemento chinés e como este está deixando atrás a milleiros de vítimas. Nunha modernidade chinesa carente de valores.
Publicacións
天道, tiāndào [„Ceo“]; galardoado no Galaxy Award de 1989. 佛性 (fú xìng 'Budda-Natur'), publicado no 2000, ISBN 978-3-453-31904-2. 老年时代, lǎonián shídài ; galardoado co Galaxy Award no ano 2013 Submarinos no orixinal 潜艇 , onde narra o modo de vida de migrantes que chegaron aos afluentes do río Yangsté e debido á crise de falta de vivendas víanse forzados a vivir en pequenos submarinos como unha vila acuática paralela aos locais. Publicado o 17 de novembro de 2014; na antoloxía en español Estrellas Rotas ISBN 978-84-9181-924-0 e en alemán na antoloxía Zerbrochene Sterne, ISBN 978-3-453-32058-1. 宇宙墓碑 ; galardoado co Galaxy Award de 2015. Salinger e os coreanos, na antoloxía en español Estrellas Rotas Salinger y los coreanos ISBN 978-84-9181-924-0 no orixinal 塞林格与朝鲜人, publicado no ano 2016; traducido ao inglés e, por separado, ao alemán na antoloxía Zerbrochene Sterne, ISBN 978-3-453-32058-1. 2066: Red Star Over America publicado no ano 2000 Red Ocean publicado no ano 2004 My Homeland Does Not Dream, cunha temática onde o Estado droga aos cidadáns para que poidan traballar pola noite 2012 Triloxía do Hospital: Hospital, no orixinal 医院 , publicado en chinés o 1 de xuño de 2016, en inglés no 1 de Marzo de 2023. Exorcism, no orixinal 驱魔, publicado en chinés en maio de 2017. Dead Souls, no orixinal 亡灵 , publicado en chinés en maio de 2018.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
韩松 (La literatura china traducida en España)
Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Nados en 1965