miniatura|270x270px|Mascarón en Ferrol, Praza de Galicia. Un mascarón, na arquitectura e nas artes decorativas, é un rostro, xeralmente humano, ás veces aterrador ou quimérico, cuxa suposta función era orixinalmente atemorizar os malos espíritos para que non entrasen no edificio. O concepto foi posteriormente adaptado para converterse nun elemento puramente decorativo. Os estilos arquitectónicos máis recentes que empregaron de forma extensiva os mascaróns foron as Belas Artes e a Art Nouveau.

Existen varios tipos, coma os mascaróns de homes verdes ou os bucranios, mascaróns que representan o cranio dun boi.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Mascarón de proa

Categoría:Elementos arquitectónicos