Ifixenia de Etiopía é unha santa da Igrexa copta e da Igrexa católica. Foi unha das responsables do espallamento do cristianismo en Etiopía. A súa festividade é o 21 de setembro.
Traxectoria Ifixenia era filla do rei etíope Egipo a principios do século I. Tiña un irmán maior, chamado Efronio.The Golden Legend of Jacobus de Voragine, trans. and adapted by Ryan, Granger and Helmut Ripperger. (Arno Press: Longmans, Green & Co) 1941. pp. 561-566. Aos oito anos da Ascensión de Xesús, chegou San Mateu á terra dos nubios, ou sexa, Etiopía. Alí buscou a aquel eunuco etíope bautizado polo diácono San Filipe, que xa regresara á súa terra e esperaba apóstolos de Cristo. Este eunuco introduciu na corte a Mateu. Mateu predicou, derrotou aos magos pagáns Arfaxad e Zoroes, expulsou demos e converteu as xentes. Decatado o rei, tomou partido neutral, permitiu a predicación do cristianismo, pero continuou preferindo a relixión anterior. Con todo, Ifixenia abrazou rotundamente o cristianismo, e buscou a maneira de facelo vir ao palacio para que instruíse o seu pai. Como non o lograba, enfermou de tristura.
Foi dedicada a Deus por San Mateu. Cando Hirtaco sucedeu o rei, prometeulle ao apóstolo a metade do seu reino se persuadía a Ifixenia a casar con el. Mateu convidou o rei a unha misa onde lle explicou que Ifixenia xa estaba consagrada ao Señor. Enfurecido, Hirtaco mandou os seus homes matar a Mateu ao pé do altar, converténdose en mártir da fe cristiá.
Unha lenda conta que ao non inclinar a Ifixenia ao seu desexo, Hirtaco tratou de destruír o seu fogar con lume. Con todo, o apóstolo apareceu e protexeu a casa das chamas, dirixíndoas cara ao palacio real. O fillo do rei foi tomado por diaño e o rei mesmo contraeu lepra, eventualmente matándoo. A xente entón escolleu o irmán de Ifixenia como o seu rei, quen reinou por 70 anos, deixando o seu reino ao seu fillo que construíu varias igrexas cristiás en Etiopía.
Culto Cóntanse 76 imaxes desta santa entre Portugal, España e as súas excolonias. En Galicia, soamente se atopa na catedral de Tui e no convento de San Domingos de Betanzos.
Notas
Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Nados en Etiopía Categoría:Finados no século I Categoría:Nados no século I