miniatura|Un satélite SECOR Tipo II. SECOR (acrónimo de Sequential Collation of Range) ou EGRS (Electronic & Geodetic Ranging Satellite) foi o nome dunha serie de satélites xeodésicos para determinar puntos sobre a superficie terrestre con gran precisión.
Características Os satélites SECOR foron usados durante os anos 1960 para formar unha constelación coa que determinar a posición de puntos sobre a superficie terrestre con gran precisión ó longo de grandes distancias. O sistema completo consistía nos satélites e varias estacións en terra, algunhas delas nos sitios dos que se quería determinar a posición. Desde tres estacións con posicións coñecidas se enviaban sinais de radio aos satélites, que as devolvían, determinándose a súa posición no espazo con precisión. Coñecendo estas posicións, a posición da estación problema podía calcularse matematicamente mediante os sinais entre a estación e os satélites. Construíronse dous tipos de satélites SECOR, os tipos I e II.
SECOR Tipo I Os SECOR Tipo I eran satélites en forma de esfera de 50,8 cm de diámetro e nove antenas sobresaíndo. Estaban deseñados para ser sinxelos e tiñan un tempo estimado de vida en órbita dun ano. A súa superficie era de aluminio pulido cunha fina capa de monóxido de silicio para axudar como regulador térmico. A alimentación eléctrica corría a cargo de seis pequenos paneis solares de 20 cm de diámetro equidistantes na superficie do satélite. Tan só se lanzaron dous satélites do tipo I.
SECOR Tipo II Os SECOR Tipo II tiñan forma de caixa e eran máis compactos que os Tipo I, cunhas dimensións de 25,2 x 29,8 x 34,9 cm. Tiñan unha masa duns 18 kg e a súa superficie estaba case toda cuberta por células solares. Tiñan tamén nove antenas e estaban pensados para poder ser lanzados como carga secundaria e máis barata. Estaban construídos principalmente en aluminio e lanzáronse 13, fallando 3.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasSECOR 124 de xaneiro de 1962Thor-DM21 Able-StarÉxito (Tipo I)SECOR 111 de xaneiro de 1964Thor-SLV2A Agena-DÉxito (Tipo II)SECOR 39 de marzo de 1965Thor-DM21 Agena-DÉxito (Tipo II)SECOR 211 de marzo de 1995Thor-DSV2A Able-StarFallo parcial (Tipo II)SECOR 43 de abril de 1965Atlas-SLV3 Agena-DÉxitoSECOR 510 de agosto de 1965Scout BÉxito (Tipo I)SECOR 69 de xuño de 1966Atlas-SLV3 Agena-DÉxito (Tipo II)SECOR 719 de agosto de 1966Atlas-SLV3 Agena-DÉxito (Tipo II)SECOR 85 de outubro de 1966Atlas-SLV3 Agena-DÉxito (Tipo II)SECOR 929 de xuño de 1967Thor BurnerÉxito (Tipo II)SECOR 1018 de maio de 1968Thorad-SLV2G Agena-DFallo (Tipo II)SECOR 1116 de agosto de 1968Atlas-SLV3 Burner-2Fallo (Tipo II)SECOR 1216 de agosto de 1968Atlas-SLV3 Burner-2Fallo (Tipo II)SECOR 1314 de abril de 1969Thorad-SLV2G Agena-DÉxito (Tipo II)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Thor-DM21 Able-Star Thor-SLV2A Agena-D Thor-DSV2A Able-Star Thor-DM21 Agena-D Atlas-SLV3 Agena-D Scout B Thor Burner
Categoría:Satélites artificiais