alt=Jidi Majia no Festival de Xichang (2017)|miniatura|Jidi Majia no Festival de Xichang (2017) Jidi Majia (chinés simplificado: 吉狄马加; pinyin: Jídí Mǎjiā), nado o 1 de xuño de 1961 en Zhaojue (provincia de Sichuan), é un escritor e político chinés de etnia nuosu. A súa obra Rapsodia en negro (2016) foi publicada en galego pola Editorial Galaxia.

Traxectoria Graduouse en Lingua Chinesa pola Universidade das Nacionalidades do Suroeste. No ano 1984, ingresou no Partido Comunista da China. Entre 2006 e 2010, foi vicegobernador da provincia de Qinghai. É o presidente da Asociación de Escritores Étnicos Chineses e vicepresidente da Asociación de Escritores da China.

Foi premiado con diversos galardóns, como a Medalla do Memorial Shólokhov da Asociación de Escritores Rusos no ano 2006, un Título de honra pola Universidade Nacional de Trujillo (Perú) no ano 2015, ou a Medalla Europea Homero da Poesía e das Artes no ano 2016. É un dos escritores máis recoñecidos pertencente a unha das minorías étnicas da China.

Traducións

Jidi Majia (2015). Leopardo de nieve. Tradución directa ao castelán de Pilar González España. UAM Ediciones. Jidi Majia (2016). Rapsodia en negro. Tradución directa ao galego de Alberto Pombo Añón. Prólogo de Yolanda Castaño. Galaxia. Jidi Majia (2019). Palabras de fuego. Tradución mediada ao castelán de Françoise Roy. Valparaíso.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas 吉狄马加 (La literatura china traducida en España)

Categoría:Literatura en lingua chinesa Categoría:Escritores da China Categoría:Nados en 1961 Categoría:Literatura da China Categoría:Nados en Sichuan