Softastur é unha asociación sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo é o fomento da lingua asturiana nas novas tecnoloxías, concretamente no ámbito do Software libre.
A asociación confórmana voluntarios, principalmente programadores informáticos, filólogos, deseñadores e profesores de lingua asturiana. Softastur ofrece soporte técnico e documentación gratuíta aos usuarios de Software libre.
No ano 2008, Softastur recibiu o premio Andrés Solar, que entrega a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (en galego Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana), polo seu traballo de inclusión do asturiano nas novas tecnoloxías, e especialmente por facilitar a dispoñibilidade de Ubuntu, primeiro sistema operativo en lingua asturiana.
Historia As orixes de Softastur remóntanse ao 2002. Ese mesmo ano, o 5 de xullo, anunciábase a tradución de Mozilla 1.0, o primeiro navegador en asturiano. Ao ano seguinte (2003) xorde a idea de formar unha comunidade para a tradución e a coordinación deste tipo de software. A comunidade crece de xeito progresivo até o ano 2007, cando as achegas son xa significativas e o número de proxectos que se coordinan experimenta un notábel aumento. Softastur centra o seu traballo na tradución de Ubuntu e en 2009 a comunidade convértese de facto xa nunha asociación.
No ano 2010, un membro de Canonical Ltd. desprázase a Asturias e cualifica a versión Lucid Lynx en lingua asturiana como completahttp://www.asturies.com/node/9827 Ubuntu completada en asturiano. Asturies.com.
Actualidade Na actualidade Softastur traballa na implantación do corrector ortográfico Aspell dentro do sistema operativo Ubuntu. Entre os feitos máis salientábeis da asociación até o de agora, atópase o acordo de colaboración no proxecto Termasthttps://web.archive.org/web/20100206224044/http://asturnews.com/index2008.php?idn=9252 Presentación de Termasthttp://www.academiadelallingua.com/termast/index.php Página de Termast, centro encargado da coordinación xeral de terminoloxía especialidada en asturiano, asinado coa Academia de la Llingua Asturiana.
En febreiro de 2010, Softastur completou o traballo de tradución de OpenOfficehttp://www.lesnoticies.com/lesnoticies/noticies/softastur-completa-traduccion-asturianu-d%27open-office/4984 Softastur completa la traducción de OpenOffice, a primeira suite ofimática en lingua asturiana.http://blogs.altuxa.com/tapaponga/descarga-openoffice-org-nasturianu.html Enlace a la noticia E para alén diso, tamén se fixo o lanzamento da rede social Ximielga.me http://www.asturies.com/node/9390 Ximiélga.me abre para todos los usuarios.
Proxectos e grupos de tradución
Free Translation Project Contornas de escritorio: KDE, GNOME, Xfce, LXDE. Distribucións de GNU/Linux: Debian, Ubuntu, Fedora, openSUSE, Mandriva. Aplicativos varios: AbiWord, aMule, Tux Paint, Joomla !, etc. Documentación e infohttp://wiki.softastur.org/Proyeutos Proyectos.
Notas
Categoría:Lingua asturiana Categoría:Software libre Categoría:Asociacións