Enma López Araujo, nada en Vigo o 2 de xullo de 1986, é unha funcionaria e política galega do PSOE aveciñada en Madrid.
Traxectoria Licenciada en Dereito económico e empresarial pola Universidade de Vigo. Ingresou como funcionaria no corpo técnico de Facenda e posteriormente no Corpo Superior de Inspectores de Seguros do Estado, sendo a número 1 da súa promoción.Calificacións Corrpo Superior de Inspectores de Seguros do Estado
Con 16 anos ingresou no PSdeG-PSOE. Concorreu como candidata ao número 18 da lista do PSdeG-PSOE en Pontevedra de face ás eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005. Con 20 anos presentouse no número 18 da lista do PSdeG-PSOE para as eleccións municipais de 2007 en Vigo encabezada por Abel Caballero, mentres que en 2011 ocupou o posto número 19.
Trasladada dende Vigo a Madrid en 2008, onde traballou nun despacho de avogados mentres preparaba as oposicións a Facenda. Tamén traballou no Gabinete de José Luís Rodríguez Zapatero durante os últimos meses de 2011.
Formou parte do Gabinete de Pedro Sánchez trala súa chegada á Presidencia do Goberno en xuño de 2018. En febreiro de 2019 foi nomeada directora xeral da Fundación Estatal Saúde, Infancia e Benestar Social .
Foi incluída no número 8 da lista do PSOE para as eleccións municipais de maio de 2019 en Madrid encabezada por Pepu Hernández, e resultou elixida concelleira en Madrid, onde se converteu na portavoz de Grupo Municipal Socialista na Comisión de Economía e Facenda do consistorio. De cara ás eleccións municipais de maio de 2023 foi designada coordinadora da campaña de Reyes Maroto á alcaldía de MadridLa edil Enma López coordinará la campaña de Reyes Maroto a la alcaldía de Madrid, sendo ademais a número 3 da lista que esta encabezaba. A candidatura socialista logrou un lixeiro avance ao pasar de 8 a 11 concelleiros, que aínda que se mantivo na oposición logrou o mellor resultado en 12 anos e mellorou resultados por primeira vez en 20 anos. Desta forma pasou a ser Portavoz Adxunta do Grupo Municipal Socialista e continuou como portavoz na Comisión de Economía e Facenda.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1986 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Políticos de Galicia do PSOE