O factor inhibidor da leucemia ou LIF (polas súas siglas en inglés de leukemia inhibitory factor) é unha citocina da clase da interleucina 6 que afecta ao crecemento celular ao inhibir a diferenciación. Cando os niveis de LIF caen, as células diferéncianse. En humanos está codificado no xene LIF do cromosoma 22.
Función O nome de factor inhibidor da leucemia deriva da súa capacidade de inducir a diferenciación terminal das células leucémicas mieloides, o que impide que sigan crecendo. Outras propiedades atribuídas a esta citocina son: promoción do crecemento e diferenciación celulares de diferentes tipos de células diana, influencia no metabolismo óseo, caquexia, desenvolvemento neural, embrioxénese e inflamación. O LIF regulado por p53 facilita a implantación no modelo de ratos e posiblemente en humanos. Suxeriuse que o LIF humano recombinante podería axudar a mellorar a taxa de implantación en mulleres con infertilidade inexplicada.
Unión/activación O LIF únese a un receptor específico para LIF (LIFR-α), que forma un heterodímero cunha subunidade específica común a todos os membros desa familia de receptores, chamada subunidade transdutora de sinais GP130. Isto causa a activación dos cadoiros de JAK/STAT (quinase Janus/transdutor de sinais e activador da transcrición) e de MAPK (proteína quinase activada por mitoxeno).Hatakeyama S. Ubiquitin-mediated regulation of JAK-STAT signaling in embryonic stem cells. JAKSTAT. 2012 Jul 1;1(3):168-75. doi: 10.4161/jkst.21560. ; PMCID: PMC3670240.
Expresión
O LIF exprésase normalmente nas glándulas uterinas e no trofoectodermo do embrión en desenvolvemento, e o seu receptor LIFR exprésase na masa celular interna (embrioblasto). O LIF recombinante orixinado en plantas prodúcese pola compañía InVitria.Leukemia Inhibitory Factor InVitriaNichols, J., Davidson, D., Taga, T., Yoshida, K., Chambers, I., & Smith, A. (1996). Complementary tissue-specific expression of LIF and LIF-receptor mRNAs in early mouse embryogenesis. Mechanisms of development, 57(2), 123–131. https://doi.org/10.1016/0925-4773(96)00531-x Fry R. C. (1992). The effect of leukaemia inhibitory factor (LIF) on embryogenesis. Reproduction, fertility, and development, 4(4), 449–458. https://doi.org/10.1071/rd9920449
Uso no cultivo de células nais
O LIF adoita engadirse a medios de cultivo de células nais como alternativa ao cultivo con células alimentadoras, debido á limitación que presentan as células alimentadoras ao producir LIF só na súa superficie. As células alimentadoras que carecen do xene LIF non serven de sostén para as células nais. O LIF promove a autorrenovación ao recrutar o transdutor de sinais e activador da transcrición 3 (Stat3). Stat3 é recrutado no receptor de LIF activado e fosforilado pola quinase Janus. Sinalouse que o LIF e Stat3 non son suficientes para inhibir a diferenciación de células nais, xa que as células se diferencian despois da retirada do soro. Durante a fase de reversibilidade da diferenciación a partir de pluripotencia virxe, é posible reverter as células que adquiren de novo a pluripotencia virxe por medio da adición de LIF. A eliminación do LIF empurra as células nais á diferenciación, aínda que a manipulación xenética de células nais embrionais permite un crecemento independente de LIF, coa sobreexpresión do xene Nanog.
O LIF engádese habitualmente ao medio de cultivo de células nais para reducir a diferenciación espontánea.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Fonte do factor inhibidor da leucemia recombinante (http://www.invitria.com/cell-culture-products-services/leukemia-inhibitory-factor-culture-media.html )
Categoría:Citocinas Categoría:Fármacos Categoría:Oncoloxía