dereita|miniatura|250x250px| Campus central da universidade, onde só se atopa a facultade de Dereito. Estes edificios inspiráronse na obra do arquitecto prusiano Karl Friedrich Schinkel . A Universidade de Oslo (en ; en ) é a máis antiga das universidades de Noruega. Fundouse no ano 1811, cando o país se atopaba baixo dominio dinamarqués, sendo rei Federico VI. Está situada na capital do país, Oslo. En 2019, contaba con preto de vinte e oito mil estudantes, e máis de seis mil empregados. É a alma máter de cinco premios Nobel: Fridtjof Nansen, Ragnar Frisch, Odd Hassel, Ivar Giaever e Trygve Haavelmo.
A Universidade de Oslo fai parte da Rede de Universidades das Capitais da Europa (UNICA), unha organización de 24 universidades con énfase nas políticas urbanas e de xestión universitaria.
Organización A Universidade de Oslo está organizada en oito facultades: Teoloxía, Dereito, Medicina, Humanidades, Matemáticas e Ciencias Naturais, Odontoloxía, Ciencias Sociais e Ciencias da Educación. Ofrece formación en vinte áreas de estudo.
Para alén diso, integra dezasete museos, catro hospitais, unha estación biolóxica en Drøbak, unha estación ecolóxica de alta montaña en Finse e a Estación Arqueolóxica de Isegran. Conta tamén con dúas institucións no estranxeiro: o Instituto Noruegués de Roma e o Centro Franco-Europeo de Humanidades e Ciencias Sociais de París.
Posicionamento No ano 2023, a Universidade de Oslo quedou no posto global 73.º do Ranking de Shanghai. É a entidade norueguesa con maior puntuación nesta listaxe. A situación é semellante no QS World University Ranking do 2024, no que acadou a posición 117.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da Universidade de Oslo
Categoría:Universidades de Noruega Categoría:Universidade de Oslo