Margaret Burbidge, nada en Davenport ( Inglaterra) o 12 de agosto de 1919 e finada en San Francisco o 5 de abril de 2020, de solteira Eleanor Margaret Peachey, foi unha astrónoma, astrofísica e profesora de universidade británica, gañadora do Premio Mundial de Ciencias Albert Einstein e unha das pioneiras da astronomía moderna.
Aportacións científicas En 1957, Burbidge foi unha das autoras do traballo científico Síntesis de los elementos en las estrellas, artigo publicado na revista Reviews of Modern Physics que sentou as bases para comprender a formación de tódolos elementos do Universo. Os outros autores foron Geoffrey Burbidge, Fred Hoyle (coñecido por crear, de xeito despectivo, o nome de big-bang) e o físico estadounidense William Alfred Fowler, gañador do Premio Nobel de Física en 1983. Ademais, Burbigde investigou sobre cuásares e no campo das galaxias,co seu esposo, Vera Rubin e ol astrónomo Kevin H. Prendergast.
A principios dos anos 60, uniuse á Universidade de California San Diego, onde colaborou no desenvolvemento do espectrómetro que acabou formando parte do telescopio espacial Hubble. Xunto ao seu equipo, e este instrumento, Burbidge descubriu que a galaxia do Cigarro tiña un burato negro supermasivo no centro.
Notas
Categoría:Alumnos do University College London Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Profesores de universidades dos Estados Unidos de América Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Chicago Categoría:National Medal of Science Categoría:Membros da Royal Society