Peter Rabbit é un personaxe de animal ficticio que protagoniza moitos contos infantís de Beatrix Potter. Peter era diferente do heroe tradicional daquela época, sendo pequeno, emotivo, facilmente asustadizo e un animal non moi sabio.
Historia Apareceu por primeira vez en The Tale of Peter Rabbit en 1902. Non ten versións en galego; foi traducido ao portugués como A História de Pedro Coelho, tamén traducido como A História do Coelho Pedro ou A história do Pedrito Coelho e foi publicado en castelán en España como El cuento de Perico el conejo travieso e en América como El cuento de Pedrito Conejo.
Despois diso, saíu en cinco libros máis entre 1904 e 1912. miniatura|250x250px|Boeing coa publicidade en alemán do filme (Peter Hase, orixinalmente en inglés Peter Rabbit).|esquerdaPotter fixo un boneco suave de peluche con forma de Peter Rabbit, e pronto pratos e papeis de parede comezaron a mostrar imaxes del. Aparece como personaxe na película de ballet de 1971, The Tales of Beatrix Potter e na serie da BBC The World of Peter Rabbit and Friends.
Inspirouse no coello de Potter, Peter Piper. Nas historias, viste roupa humana e anda de pé. A súa nai é a señora Josephine Rabbit e ten tres irmás, Flopsy, Mopsy e Cotton-tail. A súa popularidade fixo que Potter dixese en 1917: "Agora todos os coellos se chaman Peter", e engadiu "ou Peter ou Brer Rabbit".
En 2018, estreouse unha película de animación con James Corden dando voz a Peter Rabbit.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Mackey, Margaret (2002), Peter Rabbit de Beatrix Potter: A Children's Classic at 100, Lanham, MD: The Scarecrow Press, Inc., ISBN 0810-84197-5 Waller, Philip (2006), Writers, Readers and Reputations, Oxford: Oxford University Press, ISBN 0-19-820677-1
Categoría:Personaxes da literatura