Érase unha vez un asasinato (en ; Akazukin, tabi no tochū de shitai to deau) é un filme xaponés de 2023 de fantasía, comedia e crime dirixido por Yûichi Fukuda. Está protagonizado por Kanna Hashimoto e Yuko Araki nos papeis de Carapuchiña Vermella e Cincenta respectivamente. A historia mestura elementos destes contos infantís, xa que a Carapuchiña Vermella (Kanna) usa as súas habilidades investigadoras para tentar resolver o misterio detrás dun asasinato.

Estreouse en Netflix o 19 de setembro de 2023, onde conta con versión subtitulada en galego.

Personaxes

Kanna Hashimoto como Carapuchiña Vermella Yuko Araki como Cincenta Takanori Iwata como Príncipe Gilbert Natsuna Watanabe como Anne Yumi Wakatsuki como Margot Miki Maya como Isabella Midoriko Kimura como Barbara a bruxa Mirei Kiritani como Tekla a bruxa Tsuyoshi Muro como Paul a rata Masaki Kaji como Hans Jiro Sato como rei Bovell Mizuki Yamamoto como Karen/Remi Tomoharu Hasegawa como Lord Chamberlain Atsuhiro Inukai como garda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Yūichi Fukuda Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego