Roberto Blach González, nado na Coruña o 28 de xuño de 1966, é un expiloto de rallys galego, que durante as décadas de 1990 e 2000 competiu habitualmente no Campionato de Galicia e no Campionato de España. É pai do tamén Roberto Blach Núñez.

Traxectoria Debutou no Rally de Ourense de 1991, a bordo dun Peugeot 205, acabando na 20ª posición, e un ano despois, conducindo un Peugeot 309, conseguiu o seu primeiro podio no Campionato de España, quedando terceiro na 10ª edición do Rally da Coruña, só por detrás de Germán Castrillón e Antonio Garrido. Continuou competindo nos certames galego e español durante as seguintes dúas décadas, logrando varios podios, o último deles no Rally do Cocido de 2011, ano da súa retirada, cando subiu ao terceiro caixón por detrás de Iván Ares e Pedro Burgo.

Notas

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Pilotos de rally de Galicia Categoría:Pilotos do Campionato do Mundo de Rally