Ricardo Lorenzo Seoane, nado en Santiago de Compostela cara a 1908, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria Carpinteiro en Conxo. En febreiro de 1934 foi detido por intentar entrar no Café Suízo de Compostela, onde se celebraba un baile.El Ideal Gallego, 15-2-1934, p. 8. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión na causa 361/36 con Luis Villaverde Lapido, Rogelio Riveiro Aboy, Vicente Fuentes, Manuel Hermida Pintor, Salvador Dopazo Lapido, José Montes e 15 máis, foi condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua. Volveu ser xulgado por rebelión militar na Coruña en febreiro de 1938.La Voz de Galicia, 27-2-1938, p. 4. Abríronlle expediente de responsabiliadades políticas en xullo de 1938.BOP A Coruña, 5-7-1938, p. 1.

Notas

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1908