Iano Simão da Silva Imbeni, nado en Bissau o 2 de febreiro de 1999, é un futbolista de Guinea-Bissau que xoga como lateral esquerdo no Penafiel, da Segunda Liga de Portugal. É internacional coa selección de Guinea-Bissau.
Traxectoria Comezou a practicar fútbol na súa Bissau natal, en pobres condicións. Xogaba descalzo e non foi ata os 15 anos cando puido calzar unhas botas de fútbol. Debutou no Campionato Nacional nas filas do Benfica de Bissau, co que xogou tamén a Liga de Campións da CAF.
En 2018 deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Limianos, equipo do Campionato de Portugal, terceira máxima categoría do fútbol portugués. Militou unha campaña no club de Ponte de Lima e outra no Montalegre, de Vila Real, antes de cruzar o río Miño ata Galicia.
O seu primeiro club galego foi o Choco, polo que fichou en xullo de 2020. Ás ordes de Gonza Fernández disputou 28 partidos co equipo de Redondela na Terceira División RFEF, marcando tres goles.
En 2021 asinou xunto ao seu compañeiro Davo co Fabril, da mesma categoría, aínda que a incorporación ao filial deportivista atrasouse varios meses por problemas burocráticos. Con todo, acabou converténdose nun titular indiscutible no conxunto adestrado por Óscar Gilsanz e na súa segunda tempada proclamouse campión da Terceira RFEF, ascendendo así á Segunda RFEF.
O seu bo rendemento co filial fixo que en xaneiro de 2024 fose subido ao primeiro equipo, na Primeira Federación. Debutou nun partido ante o Fuenlabrada en Riazor, substituíndo nos minutos finais ao francés Pablo Martinez, e disputou un total de 166 minutos ata o final de tempada, repartidos en 7 partidos. Co equipo de Imanol Idiakez proclamouse campión absoluto da categoría, conseguindo o ascenso á Segunda División.
Para a tempada 2024/25 saíu cedido ao Arenteiro, da Primeira Federación. No conxunto do Carballiño foi un fixo nos esquemas de Raúl Jardiel, sumando 33 partidos todos como titular. Contribuíu así ao bo debut do club na categoría, rematando na 12ª praza final.
No verán de 2025, o presidente e propietario do Deportivo, Juan Carlos Escotet, adquiriu tamén o Penafiel, da Segunda Liga de Portugal, e Iano Simão converteuse no primeiro traspaso entre ambos clubs, asinando co club portugués por dous anos.
Selección de Guinea-Bissau O 15 de novembro de 2021 debutou coa selección de Guinea-Bissau, nun partido contra o Sudán correspondente á clasificación para o Mundial de 2022. Foi no estadio 24 de Setembro de Bissau, onde saltou ao terreo de xogo na segunda metade como substituto de Jorginho.
Palmarés Fabril Terceira División RFEF (1): 2022/23.
Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División e a Segunda Federación.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesBenfica de Bissau2017/18Campionato Nacional20 - - - -20Limianos2018/19Campionato de Portugal305 - - - -305Montalegre2019/20Campionato de Portugal222 - - - -222Choco2020/21Terceira281 - - - -281Fabril2021/22Terceira RFEF223 - - 1 02332022/23Terceira RFEF293 - - - -2932023/24Segunda RFEF193 - - - -193Total club7090010719Deportivo da Coruña2023/24Primeira RFEF5000 2 070Arenteiro2024/25Primeira RFEF33000 - -330Total carreira 190 17 003 0 19317
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Bissau Categoría:Futbolistas de Guinea-Bissau Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Choco Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD Arenteiro Categoría:Xogadores do FC Penafiel Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Guinea-Bissau