A familia do factor liberador de corticotropina ou familia CRF é unha familia de neuropéptidos relacionados de vertebrados. Esta familia inclúe a hormona liberadora de corticotropina (CRH, tamén coñecida como factor liberador de corticotropina ou CRF), a urotensina-I, a urocortina e a sauvaxina. A familia pode ser subagrupada en dúas liñaxes separadas parálogas, situando a urotensina-I, a urocortina e a sauvaxina nun grupo e a CRH noutro grupo. A urocortina e a sauvaxina parecen representar ortólogos da urotensina-I de peixes atopados en mamíferos e anfibios, respectivamente. Os péptidos teñen varios efectos fisiolóxicos sobre o estrés e a ansiedade, a vasorregulación, termorregulación, crecemento e metabolismo, metamorfose e reprodución en varias especies, e son todos liberados como prohormonas.
A hormona liberadora de corticotropina (CRH) é unha hormona liberadora que se atopa principalmente no núcleo paraventricular do hipotálamo de mamíferos, que regula a liberación de corticotropina (ACTH) na glándula pituitaria. O núcleo paraventricular transporta CRH á pituitaria anterior, estimulando a liberación da hormona adrenocorticotropa (ACTH) por medio do receptores de CRH tipo 1, activando dese modo o eixe hipotálamo-hipofisario-adrenal e causadno a liberación de glicocorticoides.
A CRH está relacionada evolutivamente con outros varios péptidos. A urocortina actúa in vitro estimulando a secreción de hormona adrenocorticotropa. A urotensina atópase no sistema caudal neurosecretor de peixes teleósteos e pode ter un papel na osmorregulación e como factor liberador de corticotropina. A urotensina-I libérase da urófise de peixes e produce a liberación de ACTH e, en consecuencia, de cortisol in vivo. A porción non hormonal da prohormona pénsase que é a proteína de unión á urotensina (urofisina).InterPro Corticotropin-releasing factor A sauvaxina, illada da pel de ras, ten un potente efecto hipotensivo e antidiurético.
Subfamilias Urocortina
ProTeínas humanas desta familia CRH; UCN;
Notas
Categoría:Dominios proteicos Categoría:Hormonas