Co nome vulgar de peixe porco coñécense na costa galega varias especies de peixe:
Peixe porco, un dos nomes do Balistes capriscus, peixe da familia dos Balistidae, tamén denominado porquiño ou roncón. Peixe porco, nome doutro peixe, Oxynotus centrina, peixe elasmobranquio escualiforme (familia Oxynotidae) Peixe porco, outro escualiforme máis coñecido como Raposo do mar, Alopias vulpinus. Peixe porco, nome co que identifican en Mugardos ó Peixe lúa (Mola mola).