O municipio de Tērvete (en letón, Tērvetes novads) foi un municipio de Letonia, pertencente á rexión histórica de Zemgale, situado no centro no país, a uns 74 quilómetros ao suroeste de Riga.
O 1 de xullo de 2021, baixo lexislatura de reordenación territorial aprobada pola Saeima, incluíuse dentro do municipio de Dobele, pasando a obter o rango de parroquia de Tērvete, co mesmo territorio pero agora dentro de Dobele.
A súa capital é a cidade de Tērvete. As súas parroquias máis destacadas eran Augstkalne, Bukaiši e a propia Tērvete.
Poboación e territorio A superficie da parroquia de Tērvete é de 223,79 km² e antes da reordenación, como municipio propio, en 2009, tiña unha poboación de 4173 habitantes.
No territorio da actual parroquia Tērvete pódese visitar o castelo de Rundale deseñado por Bartolomeo Rastrelli, o pazo Elgavsky —tamén traballo de Rastrelli e o Parque Nacional de Tērvete— tamén coñecido como “Mammadaba”.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Organización territorial de Letonia Rexións de Letonia
Tērvete