Tlamatini (en plural, tlamatinime) é unha palabra en náhuatl que significa "o que sabe algo". En xeral, tradúcese como "persoa sabia".
Morfoloxía A palabra tlamatini deriva do verbo transitivo mati, que significa "saber". A este engádese o prefixo tla-, que indica un obxecto inanimado sen identificar, e que adoita traducirse por "algo". Tamén se lle agrega o sufixo -ni, que posúe o sentido de "persoa que se caracteriza por algo". Xa que logo, tlamatini é "unha persoa que se caracteriza por saber algo"; é dicir, "unha persoa sabia" ou "alguén que sabe".
Filósofos O estudoso da cultura e a lingua náhuatl Miguel León Portilla traduciu o termo tlamatini como "filósofo", identificando ambas figuras. A estes tlamatinime dedicou o seu clásico estudo La filosofía náhuatl estudiada en sus fuentes (1956). Porén, este tipo de comparacións pódese atopar xa en textos occidentais da época da conquista. Por exemplo, Bernardino de Sahagún refírese aos tlamatinime como "filósofos" ou "sabios".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Filosofía azteca Ometeotl Teotl
Categoría:Lingua náhuatl Categoría:Mesoamérica Categoría:Filosofía azteca