miniatura|300px|Acteón devorado polos seus cans (urna funeraria etrusca)
Hileo era o nome dun can da manda de caza de Acteón.
Acteón era un fillo de Aristeo. Un día que andaba nos bosques de caza cos seus cans, cometeu a imprudencia de ver espida á deusa Artemisa. Cando esta se deu de conta, indignada, converteuno en cervo e acirrou os cans contra el, que foi devorado por eles sen ser recoñecido. Logo, os cans buscárono inutilmente por todo o bosque laiando por el.
Véxase tamén Bibliografía OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017, VIII, 279-298 [a numeración segue a utilizada neste texto].
Categoría:Animais na mitoloxía grega Categoría:Cans