Os Xardíns da Mestranza, tamén chamados Xardíns da Real Maestranza, son unha zona verde da cidade da Coruña. Situados entre o Paseo Marítimo e a Cidade Vella, ocupan un total de 1,96 hectáreas. Canda diferentes monumentos, coma esculturas, antigos canóns de artillaría e tramos da muralla, nos xardíns localízase a sede do reitorado da Universidade da Coruña.
Historia miniatura|Vista dun tramo da muralla e do paraninfo da UDC.
O espazo que ocupan os Xardíns da Mestranza foron de uso militar dende mediados do século XVIII a fins do XX. O rei Fernando VI de España mandou construír a Real Mestranza da Coruña para o obradoiro e almacén de artillaría. As obras do edificio foron comezadas polo enxeñeiro Francisco Llobet en 1752, mais as protestas dos conventos limítrofes (Santa Bárbara, San Domingos e San Francisco) levaron a súa paralización. En 1771, Baltasar Ricaud reformou o edificio orixinal, de planta rectangular para dar lugar ao actual, cunha planta hexagonal irregular cun patio interior con corredores abertos con arcos sobre piares. Nas súas inmediacións instaláronse baterías de artillaría coa finalidade de protexer a ría do Burgo e o porto da Coruña. miniatura|Canón de artillaría nos Xardíns da MestranzaA finais do século XX, no marco da modernización das forzas armadas de España, a Mestranza da Coruña perdeu a súa finalidade militar e foi desmantelado o cuartel. No 1984, o Concello da Coruña fíxose coa titularidade do espazo e urbanizou esta zona para a creación destes xardíns, o antigo edificio da Real Mestranza quedou restaurado en 1994 para acoller o reitorado da Universidade da Coruña.
Os Xardíns da Mestranza foron abertos ao público o día das Letras Galegas de 1993. A principios do século XXI os xardíns foron agrandados ao rematar a restauración do antigo cuartel de Macanaz como sede da Fundación Luis Seoane.
Monumentos miniatura|Monumento a Javier Fonte Ademais de varios tramos da muralla, da escavación da igrexa de San Francisco e do pozo do século XIV do convento dos franciscanos, existen outros monumentos nos Xardíns da Mestranza:
Canón de artillaría Vickers 152,4/50 Modelo 1923. Unha estatua de corpo enteiro sobre pedestal de Diego del Barco, coruñés participante na Guerra de Independencia, obra de Francisco Groeiro Castro do ano 2008. Un busto inaugurado en 2006 de José de San Martín, obra de Francisco Groeiro Castro Un monólito en agradecemento a Ramón Luis García Barros, obra de Francisco Escudero colocado no 1997. Un monólito a Javier Fonte, obra de Francisco Escudero de 1997. Un monólito dos veciños da Cidade Vella a Charo, veciña falecida en 1992.
Botánica As especies arbóreas máis destacadas dos Xardíns da Mestranza son:
Álamos negros do Canadá (Populus x canadensis Moench) Tuias xigantes (Thuja plicata D. Don) Malváceas do tipo Lagunaria patersonii (Andrews) G. Don Abruñeiros dos xardíns (Prunus cerasifera Ehrh.) Piñeiros (Pinus sp) Piñeiros mansos (Pinus pinea L.) Bidueiros brancos (Betula alba L.)
Galería
Notas
Véxase tamén
Categoría:Parques da Coruña Categoría:A Coruña