A Ordem do Mérito Cultural (OMC) é unha orde honorífica dada a personalidades brasileiras e estranxeiras como forma de recoñecer as súas contribucións á cultura do Brasil. A insignia é unha cruz de Santiago, no centro, un libro aberto labrado de ouro sobre unha coroa de loureiro circundado pola lenda "ORDEM DO MÉRITO CULTURAL".

Historia Instituíuse a través do artigo 34 da lei nº 8.313 de 23 de decembro de 1991 e polo decreto nº 1.711 de 22 de novembro de 1995 durante a presidencia de Fernando Henrique Cardoso. A OMC é a maior honra concedida aos artistas e personalidades brasileiras e estranxeiras pola súa contribución á cultura brasileira.

O 5 de novembro de cada ano, cando se conmemora o Dia Nacional da Cultura, disponse a realización da entrega das insignias. A admisión na Orde é feita polo decreto do presidente da república diante da proposta do chanceler da Orde, co beneplácito do parecer favorábel do consello.

A suspensión O expresidente do Brasil Jair Bolsonaro rompeu coa entrega dos pasados 20 anos deixando de homenaxear artistas e comunidades pola súa contribución á cultura brasileira. A Ordem do Mérito Cultural só foi concedida até o goberno de Temer e recuperado por Luiz Inácio Lula da Silva.https://www.wjentretenimento.com.br/post/ordem-do-m%C3%A9rito-cultural / OMC História

Notas

Categoría:Cultura do Brasil