Unha lingua tonal é unha lingua na que o contorno da frecuencia fundamental coa que se pronuncia cada sílaba serve para crear contrastes fonolóxicos e pares mínimos. Para que unha lingua se clasifique como tonal, os tons teñen que afectar ao significado das palabras.

Distribución xeográfica O ton é unha característica fonolóxica que se atopa en todos os continentes. Un exemplo típico son as linguas chinesas de Asia. Un estudo de corpus estimou que arredor do 40% das linguas humanas posúen esta característica. A pesar da súa ampla difusión no mundo, as linguas tonais concéntranse en cinco rexións:

Extremo Oriente (familias sino-tibetana e vietnamita). África occidental subsahariana (linguas bantús). Nova Guinea. Mesoamérica (linguas otomangueanas, entre outras) e América do Norte (linguas na-dené). Amazonía (por exemplo, as linguas makú).

As linguas tonais son pouco frecuentes en Europa. Destaca o sueco, que posúe dous tons (grave ou baixo e agudo ou alto); porén, estes son contrastivos só nas palabras dun lexema, pero non nas compostas.

Exemplos O chinés mandarín é un idioma tonal. Posúe catro tons principais:

O primeiro ton, que se pronuncia de forma sostida, sen variacións. O segundo ton, que comeza baixo e remata alto, como ao facer unha pregunta en castelán. O terceiro ton, que empeza nunha posición media, logo baixa moito e acaba subindo. O cuarto ton, que empeza agudo e acaba baixo. Existe tamén un ton neutro, que se caracteriza por ser curto, usado principalmente en partículas auxiliares.

A correcta pronuncia dos tons é de grande importancia, xa que os erros poden producir malentendidos ou confusións. Por exemplo, a sílaba ma pode adquirir diferentes significados segundo o ton:

mā (primeiro ton): nai, materno. má (segundo ton): sésamo, cánabo. mǎ (terceiro ton): cabalo. mà (cuarto ton): rifar, insultar. ma (ton neutro): partícula interrogativa.

Grazas aos tons poden construírse oracións infrecuentes, mais comprensibles. Por exemplo:

妈妈骂麻马吗? (chinés tradicional: 媽媽罵麻馬嗎?) māma mà má mǎ ma? Rifa mamá co cabalo de cánabo?

妈妈骂马吗 māma mà mǎ ma? Mamá insulta ao cabalo?

Notas

Categoría:Fonoloxía