Manuel de los Santos Pastor, nado na pedanía de Las Tablas (Xerez) o 25 de xuño de 1936 e finado tamén en Xerez o 25 de decembro de 2015, que respondía ao alcume artístico de Agujetas ou Agujetas de Jerez, foi un cantaor flamenco, un dos membros máis destacados da familia dos "Agujetas", de gran sona no mundo do flamenco. Herdou o alcume do pai, Agujeta Viejo, que traballaba cambiando as agullas das vías dos camiños de ferro.
miniatura|Monumento en Rota
Traxectoria Este artista xitano empezou traballando na forxa do pai, tamén cantaor, antes de ir vivir en 1970 a Madrid. Na capital española gravou o primeiro disco, producido por Manuel Ríos Ruiz e acompañado na guitarra por Manolo Sanlúcar; xa nese álbum asinaba co alcume Agujetas (tomado do pai) de xeito artístico.
O pai, Agujetas Viejo, transmitiulle a tradición do cante xerezano herdado de Manuel Torre, El Marrurro e Tío José de Paula (e tamén o fixo a nai, Ana Pastor Monje, que era da familia de Negro de El Puerto). Casou cunha muller xaponesa, e os fillos Dolores Agujetas, o finado de Antonio Agujetas e Manuel Agujetas tamén son ou foron cantaores, así coma os seus irmáns Juan, Paco, Diego e Luis.
Participou na gravación da Magna Antología del Cante Flamenco, que foi recompilada polo musicólogo José Blas Vega. En 1977 foi galardoado co Premio Nacional de Cante de la Cátedra de Flamencología de Xerez.
Tras unha prolongada estadía en Norteamérica apañou unha grave enfermidade; daquela, destacados intérpretes do flamenco rendéronlle en 1987 unha homenaxe en Xerez da Fronteira, homenaxe que supuxo un punto de reactivación da carreira artística de Agujetas. Anos máis tarde (1995), Agujetas apareceu na película Flamenco de Carlos Saura. No filme interpretaba un martinete co que se amosaba o seu cante vello. Logo do filme retoumou as gravacións cada vez máis frecuentes: Agujetas en París (1996), Agujeta en la soleá (1998).
Nestes discos, Agujetas defendeu o cante antigo e a memoria oral, un legado dos que sentía protector a canda outros nomes coma El Chocolate ou La Paquera. Diso falaba no documental que a realizadora francesa Dominique Abel lle dedicou en 2000, Agujetas cantaor, onde saía tamén o guitarrista Moraíto Chico e que se estreou en 2021. Un par de anos máis tarde rexistrou 24 quilates, onde insistía en reivindicar a escola de Manuel Torre, de El Marrurro e do Tío José de Paula.
En 2013, a súa cidade natal púxolle o seu nome a unha avenida e volveu aos escenarios en 2014. En 2015 tamén lle instalaron un monumento na súa honra en Xerez, monumento que se sumaba ao que xa tiña na entrada de Rota. Ao pouco morreu en Xerez o día de Nadal de 2015.
Discografía
Viejo cante jondo, 1972 Premio Manuel Torre de Cante Flamenco, 1974 El color de la hierba, 1978 Grandes Cantaores de flamenco: Agujetas, 1986 Agujetas en París, 1996. El Querer no se puede ocultar, 1998 Agujeta en la soleá, 1998. El querer no se puede ocultar, 1998. Agujetas cantaor, 1999 24 quilates, 2002. El rey del cante gitano, 2003. Magna Antología del Cante Flamenco, Volume 3, 2008. Agujetas: Historia, Pureza y Vanguardia del Flamenco, 2012, antoloxía de cinco discos. Agujetas en Japón, gravado en 2013 (publicado en 2022)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Alfredo Grimaldos, Historia social del flamenco, 2010. Ángel Álvarez Caballero, La Discografía ideal del cante flamenco, Barcelona, Planeta, 1995.
Ligazóns externas Ficha de Agujetas en flamenco-world.com
Os Agujetas, once anos despois
Pedro Bacán y Agujeta, emisión do 11 de decembro de 2014 do programa de Radio Clásica Nuestro flamenco, con José María Velázquez-Gaztelu: sobre o toque de Bacán e sobre o cante de Agujeta.ligazón=Archivo:Speaker_Icon.svg|20x20px
Recordo de Manuel Agujeta: emisión do 14 de xaneiro do 2016 de Nuestro flamenco.ligazón=Archivo:Speaker_Icon.svg|20x20px
Un ano sen o eco da traxedia: emisión do programa Los caminos del cante dedicada a Manuel “Agujetas”.ligazón=Archivo:Speaker_Icon.svg|20x20px
Categoría:Nados en Xerez da Fronteira Categoría:Españois de ascendencia xitana Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Cantaores e cantaoras
Categoría:Nados en 1936
Categoría:Finados en 2015