, nado no reino de Zheng no 545 a.C. e finado no mesmo lugar no 501 a.C., foi un filósofo chinés de finais do período de Primaveras e Outonos. Foi unha das figuras máis representativas da Escola dos Nomes.
Traxectoria Deng Xi foi un dos subordinados do político e pensador Zi Chan, gobernador do reino de Zheng. Baixo o seu mandato, Deng Xi ocupou un posto de funcionario de alto rango. Porén, Deng Xi discrepou co código penal elaborado por Zi Chan, xa que prohibía as críticas públicas ao emperador. As medidas tomadas por Deng Xi para facer accesibles as leis produciron descontento entre a nobreza de Zheng, e o filósofo foi finalmente asasinado por Si Chuan, un gobernante de Zheng.
Obra Deng foi o primeiro en defender a idea de nomear os castigos, que tería grande influencia no pensamento lexista. Tamén propugnou a teoría das dúas alternativas, que propugnaba unha visión sofística da arte da retórica, iniciando así a Escola dos Nomes. O Hanshu ("Libro dos Han"), inclúeo na súa lista de membros da Escola dos Nomes, e atribúelle dúas obras.
Por outra banda, Deng opúxose ao respecto dos confucianos polos ritos, e en especial os ritos dos Zhou. Por iso, moitos pensaban que "consideraba correcto o incorrecto, e incorrecto o correcto".
Deng escribiu o Deng Xi zi ("Libro do mestre Deng Xi"), que consta de dous tomos. Porén, existen dúbidas sobre a súa autenticidade, xa que podería ser unha falsificación posterior. O Siku Quanshu ("A biblioteca dos Catro Tesouros") clasifícao como unha obra lexista.
Críticas Xunzi criticou a Deng Xi e Hui Shi, aducindo que os que non respectan aos reis sabios da antigüidade e non seguen os rituais só serven para os xogos de palabras e os debates. Así, eloxia a súa intelixencia e capacidade de análise, mais considera a súa retórica como inútil e enganosa.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas 《邓析子》(Chinese Text Project)
Categoría:Escola dos nomes Categoría:Filósofos da China Categoría:Nados en -545 Categoría:Finados en -501