Malpartida de Plasencia é unha vila e concello da provincia de Cáceres, na comunidade autónoma de Estremadura.

Xeografía

Atópase ao norte da provincia, no partido xudicial de Plasencia e na mancomunidade dos Riberos del Tajo, a 8 km de Plasencia. O seu termo municipal, meirande que o de Plasencia, abrangue a localidade do mesmo nome e os núcleos de La Bazagona, Haza de la Concepción, Palazuelo-Empalme, Pantano de Navabuena e Urdimalas.

Demografía Segundo o INE en 2023 tiña 4618 habitantes.

Notas

Categoría:Concellos da provincia de Cáceres