Sharleen Eugene Spiteri, nada en Glasgow o 7 de novembro de 1967, é unha cantante escocesa de pop rock, que leva á fronte da banda Texas dende 1989.

Traxectoria Spiteri naceu en Bellshill, preto de Glasgow, filla de Eddie, un mariñeiro mercante amante da guitarra, e de Wilma, unha cantante. Spiteri é de orixe maltesa, italiana e irlandesa. Na súa mocidade a súa familia trasladouse dos suburbios de Glasgow a Dumbartonshire. A música sempre se escoitou na súa casa, que o acompañou e foi inspiración para os temas dos seus discos.

Carreira musical As influencias de Spiteri inclúen The Clash (a principal razón pola que interpreta a Black Fender Telecaster), Blondie, pasando por Marvin Gaye e Prince. Tamén se recoñece como unha fan declarada de Diana Ross.

Ela cofundou a banda Texas mentres aínda era perruqueira en Glasgow no Irvine Rusk Salon.

Notas

Categoría:Contraltos do Reino Unido Categoría:Cantantes de Escocia Categoría:Nados en Escocia Categoría:Nados en 1967