Hunger é un filme tailandés de 2023 dirixido por Sitisiri Mongkolsiri e escrito por Kongdej Jaturanrasamee. Está protagonizado por Chutimon Chuengcharoensukying como Aoy, unha cociñeira de comida da rúa que é convidada a unirse a un restaurante de alta cociña baixo a tutela do infame chef Paul, interpretado por Nopachai Jayanama, xunto con Gunn Svasti como Tone, o seu subchef. O filme anunciouno Netflix en 2022 como unhas das seis producións orixinais tailandesas que farían, e estreouse na plataforma en abril de 2023. O filme recibiu valoracións na súa maioría positivas, cunha valoración do 87 por cento en Rotten Tomatoes. A recensión de Tatat Bunnag do Bangkok Post criticou o guión e o diálogo, pero concluíu que "malia os seus defectos, paga a pena ver Hunger, especialmente para os que aman o drama intenso e os escenarios exóticos".
Personaxes Nopachai Chaiyanam como Chef Paul Chutimon Chuengcharoensukying como Aoy Gunn Svasti Na Ayudhya como Tone Majid Sajadi como Food Taster Bhumibhat Thavornsiri como Au Kenneth Won como convidado na festa
Notas
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua tailandesa Categoría:Filmes de Tailandia Categoría:Filmes de Netflix