Alberto "Berto" González García, nado en Avilés o 2 de abril de 1998, é un futbolista español que xoga como extremo esquerdo na Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Avilés e do Sporting de Gijón e na tempada 2016/17 debutou co Sporting B na Terceira División. Co filial sportinguista conseguiu ese ano o ascenso á Segunda División B e militou nel nas seguintes catro campañas.

En novembro de 2019 debutou co primeiro equipo do Sporting na Segunda División, substituíndo a Aitor García nun empate sen goles ante Mirandés. Na campaña 2021/22 subiu definitivamente ao primeiro equipo, co que disputou un total de 21 encontros.

En xullo de 2022 asinou contrato co Alcorcón, da Primeira División RFEF, no que militou durante unha tempada, conseguindo o ascenso á Segunda División. Contribuíu cun total de 33 partidos e 5 goles, un deles na promoción de ascenso ante a Real Sociedad B. No verán de 2023 fichou pola Cultural Leonesa, da mesma categoría.

Notas

Categoría:Nados en Avilés Categoría:Nados en 1998 Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa